Descuberto un manuscrito inédito en galego culto dos Séculos Escuros

Xosé A. Fernández Salgado, profesor da Universidade de Vigo, transcribe e estuda unha longa carta en verso sen asinar e sen datar dirixidas contra don Diego Zernadas, o coñecido Cura de Fruíme.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/07/2017 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Unha longa carta en verso, sen asinar e sen datar, que data darredor de 1770, con 50 décimas dirixidas contra don Diego Zernadas, o coñecido Cura de Fruíme, unha das figuras máis sobranceiras da Galicia da Ilustración. O profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución Xosé A. Fernández Salgado acaba de publicar o libro Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas, publicado por Edicións Laiovento, no que dá a coñecer a edición e estudo deste manuscrito inédito, escrito en galego, que se encadra dentro do período coñecido como os Séculos Escuros.

Detalle da primeira páxina dun manuscrito inédito escrito en galego culto dos Séculos Escuro
Detalle da primeira páxina dun manuscrito inédito escrito en galego culto dos Séculos Escuro | Fonte: Fundación Penzol

A escaseza de textos escritos en galego do século XVIII acrecentan a valía destas Cincuenta décimas e obrigan a matizar afirmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. “Á vista delas, semella máis ben que neste tempo existe unha escrita en galego, aínda que moitos deses textos non chegan a imprimirse. De aí a importancia da publicación deste manuscrito”, subliña Fernández Salgado, profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, ao tempo que fai fincapé en que as Cincuenta décimas non só son importantes pola súa datación nun tempo de escasa ou nula produción escrita, senón tamén polo tamaño do texto, 500 versos, o texto máis longo deste período despois das Coplas do Padre Sarmiento.

“A súa extensión, datación, redacción íntegra en galego e un rexistro lingüístico coidado converten as Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas nun texto de referencia obrigada na historia da lingua e literatura galegas”, salienta contundente o autor na introdución da obra.

NO ARQUIVO DA FUNDACIÓN PENZOL

O manuscrito que se edita atópase nun pequeno caderno de catro follas sen numerar e custódiase no arquivo da Fundación Penzol. “Eu estaba traballando nos arquivos da fundación nunha investigación que nada tiña que ver con isto e revisando unha caixa con documentos pendentes de catalogar atopei estas follas e, por suposto, ao estar en galego, chamaron a miña atención”, explica Fernández Salgado, ao que engade que “estes documentos poderían pertencer ao fondo de Xosé María Álvarez Blázquez”.

Fernández Salgado Atopounos en 2011 e, dende entón, aproveitou boa parte do seu tempo libre A traballar nel, “sobre todo nestes meses de verán nos que diminúe o traballo docente”, explica o investigador.

Á importancia da datación e da extensión do manuscrito, o autor do libro engádelle outros aspectos. Por unha banda, non só está redactado totalmente en galego, “outros textos da época poden presentar partes en castelán”, senón que as décimas presentan calidade lingüística, “nelas emprégase un rexistro lingüístico culto, mentres que outros escritos da época son textos populares, que imitan o falar do pobo”, recalca Fernández Salgado. Por outra, o texto ten calidade literaria e o seu autor, aínda que descoñecido, é un “cabaleiro” culto que sabe versificar e coñece a Arte literaria.

DÚAS EDICIÓNS

Co fin de achegar as décimas a varios tipos de destinatarios, tanto a investigadores como a lectores medios, o libro inclúe dúas edicións do manuscrito: unha case paleográfica, e outra co texto actualizado graficamente e con abondosas notas que facilitan a comprensión dunha obra centrada sobre todo na censura contra o Cura de Fruime, focalizada sobre todo nos Petitorios, que se viñan publicando dende 1745 co fin de recadar bens para o culto da Virxe das Dores, da que Zernadas era gran devoto. “Polo que parece o autor das décimas estaría ofendido pola crítica ou censura que o cura lle debía ter feito nalgún deles”, explica o autor.

Ademais, o volume inclúe tamén capítulos á parte de comentarios e conxecturas sobre a datación e autoría do texto e un completo e rigoroso estudo lingüístico, tanto gráfico, como gramatical e léxico.

As liñas de investigación de Xosé Antonio Fernández Salgado céntranse no estudo da gramática e o léxico galegos, na historiografía lingüística, na lingua literaria e na edición de textos, sobre todo do século XIX. Verbo disto, é autor de varias edicións e estudos da obra de Marcial Valladares, como a Colección de refráns (2003), Poesía (2003) e a novela Majina, ou a filla espúrea (2011). Sobre el publicou tamén a monografía Marcial Valladares. Biografía dun precursor no Rexurdimento galego (2005) e varios artigos sobre o seu dicionario, a súa gramática e a súa proposta ortográfica. 

Fernández Salgado é coautor tamén do Nivel Soleira da lingua galega (1993) e do Diccionario de Dúbidas da Lingua Galega (1991). Actualmente é o editor da revista Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega (nº 1, 2016) que publica o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, informa D. Besadío, do servizo de comunicación da Universidade de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

5 Antinostrus

Non vos preocupedes...a este Nostrus sáe-lle un Fio polo Q....él pensa que é parte dun Folículo Pilosebáceo Traizoeiro cando, en realidade, é a súa única Neurona colgada (e ca ga da) ante a inmensidade do Infinito e tentando render pleitesía ao Imperio Decadente Español........miserabel....

4 Amistoso

Os lusistas ainda din iso de que o galego escrito é un invento de 1981, é que antes falabamos portugués, outra labazada nos fuciños.

1 nostrus

Os lusistas inda son mais atrasados co resto de nacistas, ademais de desorientados. Posiblemente sexan os mais desorientados e atrasados de Galicia, porque non coñezo a ninguen que reivindique andar descalzos porque sexa mais antigo que andar con zapatos. Todo o que rodea o mundiño nacionático só vale para que nos riamos deles.

2 Balbino Fernández

Que altura de comentaristas! E nunca vos contaron a diferenza de representación gráfica ou escrita e fala? E valores como "atraso" aplicados ao galego... xa te coñecemos neofascista! Segue co teu supremacismo, coa superioridade racial e coa adoración do progreso segundo o modelo dos fascistas italianos! Para noxento nacionalista, ti mesmo, Nostrus!

3 BqDY

Podo ler no texto da imaxe: "a pruma empuÑas contra mín", usa un galego como o actual, e os lusistas ainda teñen un video pola rede dicindo que o galego e a súas grafias foron inventadas en 1981.

4 Desiderio

Usa a norma do castelán, no que con toda seguridade foi alfabetizado o autor dos versos, para representar o galego escrito. Exactamente o que fixeron en 1981 para fixar a norma "oficial" do galego escrito: copiar do castelán. Simple, non dá para máis. Outra cousa é o odio que algúns profesan ao lusismo, adorando fronteiras mentais (nun tempo en que desaparecen as físicas), ou provocando --animando estúpidamente o debate-- con proclamas fascistas.

5 A pruma do Isolo

Podes ESCRIBIR "a pluma que empuñas contra min" ou "a pluma que empunhas contra mim". Debes LER exactamente o mesmo. Se non é así sofres dalgunha doenza visual e/ou oral que precisa tratamento. Hai unha guerra fraticida que podía rematarse con facilidade. Exemplo de Noruega, con dúas normas escritas oficiais, bokmål e nynorsk, e asunto pechado. Se queremos rematar coa guerra...

6 BpFz

Noruega foi unha colonia de Dinamarca deica o século XIX, ese é o modelo que queremos ser colonia de portugal, é unha "elite" de zipaios falando portugues. Esa é a "guerra" que nos fan 30 tolos.

7 Balbino Fernández

O problema do Isolo non é da vista nin da fala, está no lavado de cerebro que lle fixeron: outro supremacista que vai de superior dos portugueses e outros povos "menores". Queremos ter liberdade de escolla, para falar e representar a fala con calquera das normas. A que lle temedes tanto o Nostrus e o Isolo? Que pouca seguridade tedes na vosas razóns para prohibir e impoñer as vosas ideas!

8 BBVN

O medo é o voso, o voso conplexo de inferioridade para disfrazar de portugués o galego. Falade o que queirades, pero é o que falades/escribides 30 persoas, non en nome dos galegos.

9 Desiderio

Rapaciño, mira que cho explicaron varias veces e aínda non entendeches a diferenza entre escribir e falar. Imos intentalo de novo: os árabes escriben TODOS igual e falan UNHA língua común, única, malia que entre diferentes territorios nin se entenden, só na escrita, e ninguén nega que sexa a mesma língua con idéntica norma. Podíamos dicer o mesmo de outras línguas, da ridícula separación do valenciano do catalán por motivos políticos (olla a palla no ollo alleo!), do teu modelo normativo castelán que serve para o galego, e do andaluz ao rioplatense... Se o teu problema é de ir marcando inferiores e superiores, iso non vai ser curado con argumentos.

10 inditelixencia lusista.

Claro chavalote, "aproximaçao" e "apoximación" pronuncianse igual, e pelo e polo e até e ata, unha e uma, ladroes e ladróns, etc, etc...

11 xn7h

Non podes comparar o arabe co galego, o arabe xa era unha lingua unica no século V e os paises que a falan estiveron unidos moito Tempo. Galicia xa estaba separada de portugal cando o galego comezou a escribirse.

12 Balbino Fernández

Se cadra hai ladróns, ladrós e ladroes en territorio galego, e non o sabes ou sabéndoo pretendedes eliminar os que non concordan co castelán e nos achegan ao portugués. Como temos e mantemos verao, pantalois, quanto... Pode haber diferenzas fonéticas reais ou inventadas (unha e uma), até preconceitos ou prexuizos (mesmo raciais) e problemas de ouvido... Curioso, ante a diverxencia dentro do castelán estades pola unidade, seguro que tamén pensades que falan igual en Lisboa que en Montalegre, no Pará ou en Cavo Verde... E, para rematala, vai ser que as permeables fronteiras medievais (nada que ver coas barreiras do XIX e XX) limitaron a cultura. Tamén o galego-portugués como língua unitaria é un invento dos lusistas? E antes de Colón non existía América nin os indios falaban... Sobra escola franquista!

13 tNYE

"unha" non se pronuncia "uma", "ata" non é un catelanismo senón a forma propia galega a outra é collida do portugués, "ladroes" non existe en galego, etc...podes seguir mentindo pero non cambias que sexan idiomas diferentes.

14 Balbino Fernández

Seguro que na zona oriental non hai ladr~es/ladrois? A ortografía correspóndese nas línguas coa fonoloxía ou hai convencións ortográficas non presentes na fala en todas as línguas? A pronuncia de determinados sonidos mantívose sen cambios no tempo? ... Eu non pretendo convencerte, tampouco admito que ti me impoñas unha norma copiada do castelán (aquí non hai discusión posible, son feitos) segundo o teu criterio subxectivo e discutible que impida o entendemento entre galegos. Non lle negarás a condición de galegos a Manuel Murguía, Castelao, Johan Vicente Viqueira, Vicente Risco, Antón Vilar Ponte... que deixaron claro o vieiro da unión do galego-portugués?

15 mNEk

A ortografía do galego non é collida do castelán, podes ver centos de documentos medievais con "ñ" e "ll". Antes dos reis católicos mesmo, e cando era un reino independente. Castelao e Vilar Ponte e demáis, non son ninguén pra falar de lingua. Rosalía de Castro si que o é e escribia galeo normal, tamén Curros enriquez e o moitos outros.

16 Desiderio

E ti, que tanto sabes de "ñ", non ollas "ss", "ç", " j", até algún "m" final... en documentos medievais? Podes dicirme unha soa língua extensa que teña plena ortografía fonética? Que boa é a diversidade para o castelán, canta grandeza aporta! E para o galego? Non! Aquí fronteiras, pechado, língua rexional! O vocabulario do portugués brasileiro probabelmente teña máis diferenzas a respecto do portugués de Portugal que o galego, logo non falan Brasil e Portugal a mesma língua? Podes citarme algún filólogo isolacionista de "galego normal" que igualen en prestixio a Guerra da Cal ou a Carbalho Calero?

17 Desideriop

E Curros tiña unha comunicación fluida con destacados portugueses do seu tempo, marcando xunto coa xeración Nós que os seguiría, a diferenza entre o galego popular ou "enxebre" e o erudito ou "cientíco". Dous sistemas para unha língua! Pois ben, algúns galegos opinamos que a única forma de corrixir este erro histórico recente, a norma copiada do castelán, é aceitar que o galego ten dúas normas, unha local e outra internacional, e ir introducindo nocións da internacional aos poucos na escola e nos medios. E se tanto medo tés pola expansión do galego cara o portugués ou che proe o racismo lingüístico, rasca!

18 3dcb

Curros Enriquez e a maioria da xeración nos, eran enxebristas totalmente, e só tes que ver como esribían. Todo o mundo diferencia galego de portugués, o galego non ten unha normativa castelan senón propia. Cambiar galego por portugués non é ter unha "normativa internacional", é cambia-la súa estrutura, ,lexico, etc...Se non tedes discurso a rasca-lo cú.

19 Um galego

Texto notarial galego do século XIII: «Ssalvo sse y semeardes pam que dedes terça dele e por foros dardes cada ano por día de natal XVI soldos da boa moeda segundo e contiudo nos outros prazos velhos e daqui endeante non chantedes arvores en logar que tolhan pan nen vinho e sseas y ffezerdes dardes anos a terça do fruto que deus y der e vos e as ditas vozes sseerdes vasalos do dito moesteyro e o moesteyro anpararvos adereyto segundo sua pose e devedes a fazer serviço ao abade huna vez no anno quando for en Chaiaaos e en Sancta Vaya e a seimento da postrimeira voz tornarse o dito casal com todos seus boos paramentos ao dito moesteyro de fforo de meo ssegundo commo e contiudo nos outros prazos velhos». Podes escrever galego em norma RAG, norma AGAL, Acordo Ortográfico, ou até inventares outra ortografia. A ortografia é puro convencionalismo.

20 Um galego

Em Nós, falaando de “enxebre” e “científico”: “ N.R.: O noso moi querido irmao Luis Cortón préganos que n'iste traballo seu respeitemos con toda fidelidade a forma gráfica por il empregada, co-a que di quer contribuire “a labor de milloramento da nosa ortografía que tarde ou cedo terase que encamiñar mesmo por propia conveñencia, a unha maior identidade gráfica co-a lingua de Portugal”. A ortografía de Cortón, que ven ser a nosa verdadeira ortografía enxebre que s'atopa nos documentos antigos e mais en moitos escritores do século pasado, foi empregada por NÓS en artigos de J. Quintanilla, de Johan Viqueira e outros autores.

21 Um galego

(segue) Si temos adoutado xeralmente a empregada pol-os escritores ourensáns do XIX – L. Carvajal, Curros Enríquez, Saco e Arce- non é porque a teñamos por millor, pois temos que recoñecer que ningunha razón científeca hai qu'a abone, senón por pensarmos qu' a xente está mais afeita a lèr o galego escrito d-ise xeito que foi o que mais se popularizou no noso tempo, que non na ortografia erudita que pra ben ser debérase levar. De tod-as maneiras, alegrámonos qu'o Cortón veña traguer iste asunto à autualidade e aproveitamos a ocasión pra propor ós colaboradores de Nós nos dean o seu parecer encol de si é xa tempo de que n'esta mesma pubricación s'inicie de feito a reforma ortográfica”.

22 mNyr

O 90% da xeración nós, as irmandades da fala e demáis eran enxebristas, sempre hai de todo nun grupo amplo de persoas, pero os lusistas son casos aillados. Ese documento que dis non é galego, é un documento portugués na zona fronteiriza de Ourense, diferente do 99% dos textos medievais galegos.

23 Desiderio

Simplemente portugués, nada de galego, nin galego-portugués? E non saberás o autor, por acaso? Os fundadores de Nos, Risco, Castelao, Cuevillas, Otero Pedrayo... queimamos os escritos que propoñen confluencia co portugués? Os motivos da escolla na escrita e a reforma ortográfica proposta pola redacción de Nós non convida a repensar? Esaxero ou cálculo estatístico? Fenómeno, un 90%, un 99%... Olle que moitas veces é bó que dudemos da nosa propia capacidade, como medio de acadar unha reflexión máis serena. Ou de outras debilidades... Grande esforzo o teu en contar trolas e provocar por causa dos demos domésticos.

24 4sk9

Hai moitos textos da época onde os galeguistas din que non queren escribir en portugués, e o máis importante o 99,99% non escribia en portugués. Antes os lusistas eran tres, agora seran trinta, pero irrelevantes nun pais de 3 millóns de persoas.

25 O Freire

Patetico antilusista, non entendes que alguns dos que seguimos a norma oficial estamos hoxe (como o estaban os "enxebres" de onte) claramente posicionados pola confluencia co portugues. O teu odio ou obsesion non se limita aos portugueses, vai contra miles de galegos que mesmo podemos ser os mais comprometidos na defensa do idioma. As tuas ridiculas porcentaxes e burla dos 30 irrelevantes que tanto repites, para autoconvercerte, amosan a tua debilidade de argumentos e a ruindade como persoa.

3 nostrus

Os séculos escuros veñen a demostrar que o galego non é lingua propia de Galicia tanto como se di, ¿ou é que non conta a lingua que se usaba naqueles tempos?. O galego é unha das linguas de Galicia e punto. Sinto moito si con esto podo ferir os sentimentos dos nacioneiros.

1 Parvada

Menuda parvada, que nivelaxo teñen algúns. Claro a lingua estranxeira que usaban menos do 5% dos galegos e só en contextos formais é igual de galega que a que se creou aquí e na que gañou máis do 90% da poboación até os anos de Franco... Paréceme ben que tratedes de expandir a vosa ideoloxía pero hai veces que non se pode, simplemente, e pretender que o castelán sexa lingua propia de Galiza é ridículo, é unha lingua estranxeira que se fala aquí e nada máis... Gústavos ou non, a uns e a outros, a lingua de Galiza é o galego, por moito que cada vez se fale máis unha lingua foránea.

2 E o inglés!

Entón tamén o inglés é lingua propia da Galiza, ou é que o terzo de materias que se imparten nesa lingua non conta? E as teses e artigos que se escriben? Sinto moito se ofendo os sentimentos españoleiros, pero así che vos son as cousas, o español é igual de galego que o inglés, pero con máis presenza.

3 O Freire

Nostrus coxea de fascista. E cae nas suas propias trampas con argumentos ridiculos... Pois, pola mesma, hoxe hai nas cidades, nas vilas e en case todos os concellos galegos familias que falan arabe. Moitos deles galegos de pleno dereito, nacidos ou con papeis... Logo o arabe xa pode considerarse lingua propia de Galicia? Pois ben sendo igual de lingua propia como o castelan! Ou ambas son linguas foraneas faladas en Galicia? E o ingles tamen ben sendo lingua propia de España? Logo non o falan maioritariamente en determinadas urbanizacions do Mediterraneo peninsular? Nostrus, por favor, volta a repasar o tema... Que desastre de escola franquista!

4 Amancio

É que o argumentário dos nostrus e deste pessoal é que não é comparável o árabe ao castelhano porque... Espanha. Cousas do sempre supreendente "no-nacionalismo".

5 FUI_YO

¿Así que o galego non é o idioma de Galiza tánto como se di?. Se queres saber o que falou a xente en Galiza (non os animais que viñeron de Castela) só tes que ollar a toponimia: Hai unha chea de nomes de lugares, ríos, montes, congostras, fervenzas, leiras ...etc. (topónimos e microtopónimos en resumo) en Galiza. Se estima que son máis de 3.000.000 en Galiza (maís que no resto da península). ¿Sabes cántos nomes hai en castelán en Galiza? Unha porcentaxe ridícula; todo o resto en galego. ¿Cántos "Oleiros", "Mondego"... etc. hai no resto da Península agás Portugal? ¡CERO!. Vós, coma inorantes que sodes do sitio no que vivides, podedes decir misa; o idioma de Galiza é, e sempre o foi, o galego. Podedes rir, chorar, seguir inorando ou aceitar como bós que o castelán é unha copia ( que así é) do árabe e do galego, francés, inglés, vasco e do catalán. Agora vou ler o voso RAE par rirme de vós outro cacho.

2 asúQlingua

Lástima non ter incluído unha breve escolma, pra nós poder ver cómo está escrito, non?

1 RC-JD

¿Eses papeles é seguro que non se escribiron e envelleceron hai 50 anos?

1 Laven ese porco

Seguro que el primer documento en castellano era del siglo IX? Seguro que no era falso?