Ferreiro e Suárez critican a dirección de En Marea

Os tres alcaldes reiteran o seu compromiso co proxecto pero os rexedores da Coruña e Ferrol cargan contra a xestión da coordinadora, encabezada por Luís Villares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2017 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

Os alcaldes das mareas nas cidades galegas —Xulio Ferreiro na Coruña, Martiño Noriega en Santiago de Compostela e Jorge Suárez en Ferrol— ratificaron este venres, a un día da celebración do plenario, o seu compromiso co espazo de En Marea. Porén, os rexedores da Coruña e Ferrol criticaron a xestión da coordinadora, encabezada por Luís Villares.

Os alcaldes Suárez, Noriega e Ferreiro
Os alcaldes Suárez, Noriega e Ferreiro | Fonte: EP

Como xa anunciou o pasado venres, o rexedor compostelán apostou por gardar silencio en relación ao plenario que En Marea celebrará este sábado na capital galega baixo o lema 'A suma do común' e limitouse a reiterar o seu "compromiso inquebrantable" co espazo de En Marea. "Como sabedes, o meu compromiso co espazo da Marea leva sendo [...] inquebrantable ao longo deste cinco anos, e vaino seguir sendo", destacou.

Por iso, argumentou, a súa posición ao longo destas semanas consistiu en tratar de "administrar" os seus "silencios". "Ás veces un di máis polo que non di que polo que di", deslizou, para logo reiterar que a súa posición na construción do espazo de En Marea é "absolutamente innegociable" e "vaino a seguir sendo a partir do sábado porque vai máis aló das citas electorais".

Para Noriega, En Marea é "un espazo natural que pode ser hexemónico no país" e, en consecuencia, asegurou que vai estar na construción dese espazo: "Como levo nel desde o 2012", precisou, para logo defender que a formación rupturista é "necesaria" para Galicia, xa que considera que é "a única maneira de vencer o Partido Popular.

Cuestionado sobre o liderado de Luís Villares tras as críticas que recibiu a coordinadora que encabeza nos últimos meses, Noriega rexeitou realizar declaracións respecto diso, do mesmo xeito que fixo o alcalde coruñés. Porén, este último si trasladou a necesidade de que a coordinadora en xeral actúe "de maneira máis comprensiva".

SECTORES IMPORTANTES "FÓRA"

Ferreiro criticou que, no seu día, a coordinadora deixase "fóra" a sectores importantes da confluencia e, de feito, cre que este comportamento é "seguramente" o que "motive" a postura que toman agora formacións como Esquerda Unida ou Podemos. En calquera caso, mantén, "trátase máis dunha cuestión conxuntural que estrutural".

"Creo que sería importante que todos os actores que participaron na creación de En Marea e o seu movemento popular se comprometan co percorrido", opinou.

O rexedor herculino lembrou que o acordo alcanzado antes das eleccións entre todas as forzas para confluír xuntos no espazo En Marea "non era unicamente para conformar unha lista electoral", senón para conformar tamén "un modelo de gobernación e unha forma de conducir a dirección política" do grupo parlamentario.

Ante isto, a pesar de que uns poidan estar "máis ou menos contentos" co funcionamento de En Marea, considera que "sería bo ter un compromiso claro con ese proxecto como espazo de unidade popular en Galicia".

"OPORTUNIDADE DE ACHEGAR POSICIÓNS"

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, entende este plenario como "unha oportunidade de achegar posicións" máis ca "un conflito ou un guerracivilismo", como, considera, "está a transmitirse nos medios de comunicación".

Por iso, avogou por chegar a un entendemento entre todas as persoas que cren, do mesmo xeito que el, que "o único camiño de transformación social é a unidade popular".

Porén, Suárez reiterou, do mesmo xeito que Ferreiro, que nestes momentos "non está representada toda a pluralidade do espazo". De feito, considera que "se está estigmatizando a organizacións políticas que levan moitísimos anos traballando pola unidade popular".

A partir deste sábado, día no que se celebrará o plenario, o rexedor ferrolán confía en que "isto cambie" e se chegue ao entendemento para que se poida "falar dos problemas reais da xente": "E non das nosas cuitas internas", finalizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 Calvo sen pucha

Facedelles caso que eles saben o que fan van seguir sendo alcalde moitos séculos

6 Balbino Fernández

A quen lle importan as Mareas de Podemos e de IU. A oportunidade xa foi, pasou igual que co Bloque de dereitas. O que interesa está por vir, será democrático, plural, horizontal e limpo (sen refugallos do PCE e da UPG para controlar os postos de amamantados). Desparasiten e falamos!

1 Ola loquito

Te tomastes la pastillita louzanista

5 NON TODOS FLOTAN

Os anovados reanovados do vello Vieiras, devecen por participar no bonito proxecto dos alcaldes cantautores de marea podreira (sin o xuiz villano), PARA QUE CREEN QUE ESTAN AS HORDAS DE CHOQUE DE XEIRA (tamen chamadas os venezolanitos de ferruxe) Os tempos xa son chegados.... enton chegara moises sefard -Vieiras toleais cos suas douscentes oitenta e un.ha taboa da lei de Waldo das Jons e as escachara o ver o pobo totalmente dividido, soamente pode quedar un e non todos van flotar, non todos meus...

4 Amén

Eu pregúntome por qué hai qué seguir tragando cos gallegos colonizados de podemos e iu?

3 Rebeca

Quen vai facer caso do alcalde máis déspota e autárquico que tivo Ferrol nunca?