Temas: EN MAREA

Os críticos saen debilitados do plenario de En Marea, que avala a Villares e a coordinadora

O sector crítico carga contra a actual dirección, á que acusan de converter a portavocía nunha "secretaría xeral". Con todo, as votacións déixanos nunha situación comprometida, especialmenre a Marea Atlántica, foco principal da crítica a Villares, que sae debilitada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/07/2017 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O plenario de En Marea apoiou a continuidade de Luís Villares como portavoz único da formación rupturista, logo de que a emenda á totalidade do regulamento da coordinadora presentada polo sector crítico fose rexeitada, de xeito que os críticos, e especialmente a Marea Atlántica da Coruña —particularmente crítica con Villares—, saen debilitados desta asemblea. Esta emenda, impulsada por 'Recuperar En Marea' (o grupo que engloba aos descontentos co rumbo tomado polo partido tras a elección da actual coordinadora), recibiu 241 votos en contra polos 209 emitidos a favor.

Plenario de En Marea
Plenario de En Marea | Fonte: Europa Press

No debate do regulamento da coordinadora, Mariano Fernández (Marea Atlántica) puxo voz aos críticos para acusar á actual dirección liderada por Villares de non respectar os acordos orgánicos do plenario fundacional de En Marea, celebrado en Vigo hai un ano.

Entre as propostas da emenda dos críticos con Luís Villares, incluíase que o cargo como portavoz fose ocupado por tres persoas e tivese carácter rotatorio e reclamábase unha "maior redistribución" do traballo entre os membros do Consello das Mareas.

"PARTIDO TRADICIONAL"

Así, cren que os órganos de dirección viraron cara a unha configuración de partido tradicional, no que a coordinadora exerce como unha "executiva tradicional" e a portavocía converteuse "nunha secretaría xeral". "Isto non é un partido instrumental, é un partido", concluíu Mariano Fernández.

Ademais, tras lembrar que os textos de Vigo "seguen vixentes", xa que non foron modificados no plenario celebrado meses despois en Santiago, fixo fincapé en que establecen que a función da coordinadora é "executar" os acordos do Consello das Mareas ou impulsar aquelas cuestións que "non poidan esperar" a ser ratificadas polo órgano máximo de dirección de En Marea.

Fronte a iso, lamentou que o papel orixinal do Consello das Mareas atópase actualmente relegado, pois este órgano, na súa opinión, quedou subordinado a "aprobar as iniciativas da coordinadora".

"TRATA DE CONFUNDIR"

No lado oposto, Ana Seijas, membro da coordinadora, acusou ao sector crítico de "tratar de confundir", xa que "as funcións seguen onde teñen que estar" e continúan sendo exercidas "polo Consello das Mareas".

"Non é certo que teñamos as funcións secuestradas", sentenciou, á vez que concluíu que non existe "xustificación" para impor un carácter rotatorio á portavocía.

ELIXIR A COORDINADORA DIRECTAMENTE

En paralelo a este debate, tampouco foi asumida pola maioría do plenario unha emenda parcial que propuña que os membros da coordinadora fosen elixidos directamente polos inscritos.

Finalmente, tras o debate sobre a coordinadora, a asemblea tamén rexeitou a emenda á totalidade presentada por 'Recuperar En Marea' sobre o regulamento do propio Consello das Mareas.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

16 Fada-lobo

No comentario 4 de réplica ao 4 alguén usurpou o meu nick. Esta é unha conduta que revela claramente que tipo de xente anda por aquí a dicir que son de esquerdas. E vergonzoso! http://www.galiciaconfidencial.com/... Non ás usurpacións de nicks!

15 nostrus

Cando vos interese un partido serio, que se preocupe polas personas, que apoie a realidade, a diversidade, o bilingüismo e que teña asumido que en democracia cabemos todos, acudide a C´s. Si lle tedes envexa podedeslles chamar fachas, pero amoládesvos porque non tedes con que demostralo. Aos partidos que non sexan serios non lle fagades caso.

1 Fada-lobo

Home sería de pensar se non tivesedes a postura que tedes con respecto ao galego e eu non fose de esquerdas. Ademais, se estes non dan o espectáculo coma nos aburririamos! Que pases un bo verán Nostrus. Malia todo contigo aínda se pode discutir.

14 Ferriño

Moito ladra o BNG, ate toman a Dopico como fonte fidedigna!

13 Ferriño

Marea Atlántica : Ferreiro, aos teu ferros!

12 O que queda do BnG

Hoxe os trolls a soldo do BnG inventaron a palabra "Baleirario" despois de enviar un madero/fotógrafo do MgS (valla a redundancia) a tirar unha imaxe do plenario nun descanso. Son os mesmos que militan nun BnG que pasou dos 5.000 asistentes no desastre de Amio2012 aos apenas 1.000 na derradeira AN búlgara. Poden falar de "Baleirario", si.

1 Lamentabla

Mira, se non foses tan sumamente desagradable e mentioreiro se cadra disimulabas o teu odio o bng e atendiamos o que dicías. Non é que sirva de moito respostar a fanáticos coma ti pero que saibas que fomos uns poucos (62 persoas no pico) os que queriamos saber que pasaba e o non poder ir puxémolo por youtube. Estaba baleiro e nin descanso nin gaitas. Ata o dixo Rafa do Pico! Moi mal o detalle de liscar para rajar en EP antes d que rematara a xornada. Non enganas a ninguén, só quedas en evidencia ti e o "proxevto" que defendes, que non parece ser nada máis que o odio a unha formación que non é o pp. Non chegas a patético.

2 Está baixando a Mareeeaaa

Baleirario foi ao principio con 400. Cando marcharon os que perderon era DESERTARIO, nin 200 escoitando ao consolidadísimo Viyares