Temas: EN MAREA

Os críticos saen debilitados do plenario de En Marea, que avala a Villares e a coordinadora

O sector crítico carga contra a actual dirección, á que acusan de converter a portavocía nunha "secretaría xeral". Con todo, as votacións déixanos nunha situación comprometida, especialmenre a Marea Atlántica, foco principal da crítica a Villares, que sae debilitada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/07/2017 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O plenario de En Marea apoiou a continuidade de Luís Villares como portavoz único da formación rupturista, logo de que a emenda á totalidade do regulamento da coordinadora presentada polo sector crítico fose rexeitada, de xeito que os críticos, e especialmente a Marea Atlántica da Coruña —particularmente crítica con Villares—, saen debilitados desta asemblea. Esta emenda, impulsada por 'Recuperar En Marea' (o grupo que engloba aos descontentos co rumbo tomado polo partido tras a elección da actual coordinadora), recibiu 241 votos en contra polos 209 emitidos a favor.

Plenario de En Marea
Plenario de En Marea | Fonte: Europa Press

No debate do regulamento da coordinadora, Mariano Fernández (Marea Atlántica) puxo voz aos críticos para acusar á actual dirección liderada por Villares de non respectar os acordos orgánicos do plenario fundacional de En Marea, celebrado en Vigo hai un ano.

Entre as propostas da emenda dos críticos con Luís Villares, incluíase que o cargo como portavoz fose ocupado por tres persoas e tivese carácter rotatorio e reclamábase unha "maior redistribución" do traballo entre os membros do Consello das Mareas.

"PARTIDO TRADICIONAL"

Así, cren que os órganos de dirección viraron cara a unha configuración de partido tradicional, no que a coordinadora exerce como unha "executiva tradicional" e a portavocía converteuse "nunha secretaría xeral". "Isto non é un partido instrumental, é un partido", concluíu Mariano Fernández.

Ademais, tras lembrar que os textos de Vigo "seguen vixentes", xa que non foron modificados no plenario celebrado meses despois en Santiago, fixo fincapé en que establecen que a función da coordinadora é "executar" os acordos do Consello das Mareas ou impulsar aquelas cuestións que "non poidan esperar" a ser ratificadas polo órgano máximo de dirección de En Marea.

Fronte a iso, lamentou que o papel orixinal do Consello das Mareas atópase actualmente relegado, pois este órgano, na súa opinión, quedou subordinado a "aprobar as iniciativas da coordinadora".

"TRATA DE CONFUNDIR"

No lado oposto, Ana Seijas, membro da coordinadora, acusou ao sector crítico de "tratar de confundir", xa que "as funcións seguen onde teñen que estar" e continúan sendo exercidas "polo Consello das Mareas".

"Non é certo que teñamos as funcións secuestradas", sentenciou, á vez que concluíu que non existe "xustificación" para impor un carácter rotatorio á portavocía.

ELIXIR A COORDINADORA DIRECTAMENTE

En paralelo a este debate, tampouco foi asumida pola maioría do plenario unha emenda parcial que propuña que os membros da coordinadora fosen elixidos directamente polos inscritos.

Finalmente, tras o debate sobre a coordinadora, a asemblea tamén rexeitou a emenda á totalidade presentada por 'Recuperar En Marea' sobre o regulamento do propio Consello das Mareas.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

6 adolfito de la paca

grazas señor +Vieiras grazas por facer posibles as nosas victorias electorais do partido PP, GRAZAS POLO SEU EXPAÑOLISMO POLO SEU AGE (asablea galaico-española) GRAZAS POR NON VENDERSE COMO FIXO O BLOQUE O PESOE...POR 800 MILLONS DE EUROS... SIGA E SIGA POR MOITOS ANOS... señor +Vieiras usted es garantía, garantía de victoria do partido popular, siga asi, con Mariano y con feijon... SABEMOS DE SU BUEN "FACER" e siga facendo!!!! siempre pensando no ben dos expañois, non e como os outros partidos nacionalistas, egoístas, galeguistas, buscando o egoísmo buscando o beneficio...

5 75q

Formación rupturista? Serán rompecollóns,

4 Cheira te pega

CABREASTES AO VELLO!!! Vos vos dades conta do que acaba de pasar? E sen Pablemos nin Izquierda Unida e cos baróns tamén medio cabreados. Ides ter que turnarvos para facer de chofer de Viyares e pagarlle as liberacions

3 Fada-lobo

Retírome a chorar por esta esquerda ou o que sexa da miña terra... Unha vez máis fun unha Casandra fracasada, aínda que hoxe as miñas bágoas son as da Hécuba do poema de Cavafis: "Creemos que con decisión y audacia cambiaremos la animosidad de la suerte, y nos quedamos afuera para combatir. Mas cuando sobreviene la gran crisis, nuestra audacia y decisión desaparecen; se turba nuestra alma, paralízase; y en torno de los muros corremos buscando salvarnos con la fuga. Empero nuestra caída es cierta. Arriba, sobre las murallas, comenzó ya el lamento. Lloran sentimientos y recuerdos de nuestros días. Amargamente por nosotros Príamo y Hécuba lloran" Unha vez máis Beiras, unha vez máis... Fixéchelo. Por que e para que? Sempre o mesmo, por que? Son a única que se fai esta pregunta...

1 Urraca

Nom sabia eu que Cavafis escrevia em español

2 Fada-lobo

Se tivese a seguridade de que es un troll parabenizaríate porque é o comentario máis dadá que me atopei en tempo e eu son un espírito dadaísta... Despois de ver a candidez dos votantes de Podemos marearnos/marearnoshemos/xa fun a marín e xa pasei o mar ata pode que o fagas en serio... En fin, hai unha excelente tradución ao galego que vou aproveitar para recomendar pero que non tiña a man, aínda que as miñas traducións favoritas son as de Irigoyen. Confeso que descoñezo as versións en portugués pero ao mellor ti me podes recomendar algunha: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

3 Fada-lobo

De todos xeitos, vou deixar outro poema máis de Cavafis (non sei por que o lembrei?): http://ciudadseva.com/texto/ana-com... Aínda que visto coma lle van as cousas aos mareantes, quizais habería que recomendar a lectura doutro: http://hablardepoesia.com.ar/numero... Ai, que sabio era Cavafis... "Y sobre todo no te engañes, no digas que fue un sueño, que fue error de tu oído; nunca aceptes tan vanas esperanzas." E oxalá ti foses alguén con espírito dadaísta e non un cándido simpatizante mareante.

4 andel

candida non sei, dadaista lo dudo, pero pedante sen dubida o da cita a cavafis en español

5 Fada-lobo

E por que son pedante? Así nos vai coa mediocracia aculturizada dictándonos o que eles cren bo e malo. Anda a ler algúns dos artigos tostóns mareantes que publican en certos lugares e non me deas a lata... E encima non es dadaísta, es só un "des-hargumentado" (menudo palabro me acaba de saír). O odio da sociedade actual ao coñecemento é outra clara mostra da súa cegueira ideolóxica. Que Beiras presuma de coñecementos está ben, que o resto utilicemos a poesía cando xa non temos nin palabras para o espectáculo patético que presenciamos é "pedante". Halturasa la tuya!

2 Fada-lobo

Non, toda a esquerda galega saíu debilitada, pero dende que empezaron con este imbroglio. Creo que hoxe cómpre felicitar á dereita porque Podemos marearnos/Marearémonos cando podamos unha vez máis amosou que son un dos principais garantes de que poidan gobernar imposibilitando unha alternativa de cambio, xa que por moito voto que mobilicen (sempre pode haber un milagre televisivo e a candidez dos máis noviños non ten límite) non compensarán o que mobilizarán a favor do PP... Non é nada novo. De feito acontece o mesmo no estado. Podemos para que serviu? Para debilitar á progresía e rematar coa esquerda... En Galicia a confluencia/sinerxia case rematou co nacionalismo... En verdade, non é momento para rir, senón para chorar... Gozade do votado mentres que os esquerdistas nos laiamos, porque non hai posibilidade de alternativa en moito tempo... E se os máis novos non espertan nunca a haberá. Unha vez máis o gran sementador de discordias da esquerda galega trunfou.

1 remante

A esquerda ESPAÑOLA en Galicia saiu debilitada, pois fracasou no intento de facerse co control da marea. Excelente nova, pois aprender a valerse por si mesma é o primeiro paso que esquerda GALEGA debe dar para consolidarse, tender pontes coas restantes forzas políticas activas (BNG, sindicatos, asociacións, etc) e chegar a contribuir algún dia de forma efectiva ao futuro de Galicia, non simplemente copiando e pegando o que di o macho alfa madrileño de turno (e xa van uns cantos).

2 Fada-lobo

Xa... Pensar que os electores somos parvos non sempre funciona...