Temas: EN MAREA

Luís Villares afianza o seu liderado, pero nunha En Marea fracturada e cun futuro incerto

O plenario deste sábado deixa feridas abertas e posicionamentos que van ser moi difíciles de achegar. Marea Atlántica, Podemos, Anova e Esquerda Unida lideran o sector crítico, abertamente duro coa coordinadora que, malia a oposición de pesos pesados como Beiras, Ferreiro, Noriega e Suárez, mantén a confianza da maioría. Con todo, os críticos seguirán dando batalla.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2017 | Actualizada ás 22:03

Comparte esta noticia

O afianzamento do liderado de Luís Villares á fronte de En Marea e a fractura do partido instrumental son as dúas consecuencias máis evidentes da asemblea celebrada este sábado, á que non asistiron os alcaldes de Santiago e A Coruña, Martiño Noriega e Xulio Ferreiro, facendo máis visible o seu distanciamento coa actual dirección. Algo similar ocorreu co veterano nacionalista Xosé Manuel Beiras, quen en días pasados chegou a avalar publicamente unha das emendas presentadas polo sector crítico con Villares: a relativa ao modelo de partido, pois, en palabras de Antón Dobao (Anova), a coordinadora está a converter En Marea nunha formación "tradicional".

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo

O sector crítico leva xa tempo facendo campaña pública contra Villares e a coordinadora baixo o lema 'Recuperar En Marea', liderado fundamentalmente por Anova, Podemos, Esquerda Unida e Marea Atlántica. Os resultados deste sábado cuestionan os seus postulados e déixaos nunha situación delicada, debilitados, aínda que estes teiman en tentar desvirtuar a vitoria de Villares. Logo do plenario non dubidaron en falar de resultado "negativo" e de "división practicamente á metade" de En Marea, mensaxes que concordan coa belixerancia coa que participaron na asemblea, con continuos reproches á outra parte, máis propios de rivais que de compañeiros, como así denunciaron algún intevenientes.

BEIRAS ABANDONOU O PLENARIO

A fractura quedou patente en verbas e xestos, como os de Xosé Manuel Beiras. Quen fora un dos principais valedores de Villares e, á postre, opositor, xesticulaba desde o seu asento, visiblemente molesto ante as apelacións ao consenso do maxistrado en excedencia. Ata o punto de que tratou de darlle a réplica, cuestión que lle foi denegada ao non solicitala seguindo o regulamento da asemblea.

Unha vez materializada a votación deste punto, a primeira das teses nas que se impuxo a visión do sector oficialista, Beiras abandonou o plenario e xa non acudiu á sesión da tarde. Quedaban por debaterse, entre outras cuestións, a carta financeira de En Marea e a continuidade de Villares como portavoz orgánico. Un xesto que supón toda unha declaración de intencións, como a ausencia dos alcaldes da Coruña e Santiago, tamén moi críticos con Villares.

Plenario de En Marea en Santiago de Compostela.
Plenario de En Marea en Santiago de Compostela.

HABERÁ MÁIS BATALLA

Aínda que o equipo que capitanea o lucense resultou vencedor —un termo rexeitado por el mesmo, do mesmo xeito que o de perdedor— en todos estes debates, a marxe polo que o fixo foi axustado, en torno ao 55 por cento das menos de 500 persoas que se achegaron ata o Palacio de Congresos da capital galega.

Este aspecto —o número de asistentes, en concreto, 486— é o que utilizan os críticos para advertir de que o debate non está pechado e de que non desistirán á hora de tentar construír un espazo "amplo, plural e democrático"; mentres as apelacións de Villares céntranse en "cultivar os puntos en común" e "aparcar" as cuestións nas que existen discrepancias. Os críticos argúen que o espazo de confluencia foi perdendo poder de atracción e peso, e remitíronse ás cifras de asistencia en pasadas asambleas —un millar, por exemplo, no plenario de Vigo do pasado ano— para tentar desvirtuar a vitoria do sector oficialista.

Con todo, na súa contorna son conscientes da gravidade da fractura aberta e, aínda que resaltan que se trata da segunda vez que Villares salva a proba sobre o seu liderado, nesta ocasión son moitas as feridas pendentes de restañar.

E é que as críticas abarcan o modelo de partido polo que conduce En Marea, cos municipalistas coruñeses denunciando similitudes co PSdeG —"a coordinadora converteuse nunha executiva e a portavocía, nunha secretaría xeral"— e coas súas propostas sobre os soldos que perciben os cargos públicos.

No plenario  acordouse subir estes salarios de 2.100 euros mensuais ata os 3.000 e bloqueouse a petición do sector crítico (que baixo o epígrafe 'Recuperar En Marea' agrupa parte de Anova, Podemos, Esquerda Unida e Marea Atlántica) de fixar soldos para certos cargos orgánicos.

RENDICIÓN DE CONTAS

Outros aspectos que se abordaron neste plenario son o traballo da coordinadora e dos deputados no Parlamento e o Congreso, labores que foron referendadas pola maioría dos asistentes.

Así mesmo, En Marea fixou a súa posición en contra da maternidade subrogada e sacou adiante tamén a súa postura sobre o financiamento autonómico.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

10 samil

A culpa é da UPG!!!!

9 Baleirario

Viyares consolidouse moito, agora ten consolidados os 3000 que menos dá unha pedra dos 4000 que pedía, e case 200 fieis que o acompañarán mentres el lidera melenalviento.

1 Guillerme Gintonic

Moito menos do que cobra Ana POLTRONA

2 Rafa Cubatas

Ana Poltrona ten que entregar ao BNG-UPG que anda non remataron de pagar os pufos que deixastes, non chega aos tres soldos "dignos" vosos. E aínda por riba é tan parva que traballa no parlamento e na rúa.

8 toneti e os seus paiasetes

A asamblea aprobó salarios dignos para podreiros ... asi foi a asamblea anovada de -Vieiras podreiras e moi villanas- o seu expañolismo e noxento non defenden a Galiza están para facerse ricos a costa do pobo, moi pero que moi ricos, mais ricos co deputado marisqueiro de podreiros - https://www.youtube.com/watch?v=10y...

1 saca harina

Parrochadas e falsedades en Bergondo canto cobra o de Anova , dedicación total 30.00 euracos del ala nun concello de 6000 trosmas e media xornada 16.000 euracos toma salario digno e despois chamámoslle casta os fachas e se cantas claro votante da organización

7 Balbino

Os que perderon en Amio non respectaron o resultado e marcharon, onte perderon e volveron marchar facéndolle un feo a quen ganou, e ridículo que foran 400 e que so quedaran 200 a escoitar o discurso de clausura de Villares, os que votaron en contra marcharon e logo chámanse demócratas.

6 Ferriño

Leo moitos de Anova co de que só eran uns 450 ou algo así, home, menos eran os 115 de Anova e a hostias, no de EM non chegaron a tanto