Temas: XUNTA

Un estudo reclama máis axudas da Xunta aos medios en galego e máis equilibrio na repartición

Investigadores da Universidade do País Vasco analizaron as transformacións e realidade do sistema de medios en lingua galega. No estudo alértase da "preocupante política de axudas da Xunta", que "segue inxectando cifras millonarias á prensa en español", e aconséllase incrementar as axudas aos medios en galego de propiedade privada e social. A proporción en Galicia de medios en lingua propia por falantes é a menor entre os idiomas minoritarios europeos.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 19/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Incrementar notablemente as axudas públicas para os medios de comunicación en galego e, prioritariamente, para os de propiedade privada e social. Esta é unha das recomendacións que fan investigadores da Universidade do País Vasco nun estudo que publica a revista Estudios sobre el Mensaje Periodístico. Os autores, Nicolás Xamardo González e Iñaki Zabaleta Urkiola, son dous contrastados profesores e investigadores, cunha longa traxectoria investigadora en medios de comunicación e xornalismo en dez linguas minoritarias europeas: galego, éuscaro, catalán, bretón, corso, frisio, irlandés, galés, gaélico-escocés e sami.

Olalla Rodil, de Sermos; Raúl Ríos, de Novas da Galiza; Aurelio Lópes, de Irmandade TV; Xurxo Salgado, de Galicia Confidencial e Ubaldo Cerqueiro, de Que Pasa na Costa, nunha mesa redonda sobre os medios en galego
Olalla Rodil, de Sermos; Raúl Ríos, de Novas da Galiza; Aurelio Lópes, de Irmandade TV; Xurxo Salgado, de Galicia Confidencial e Ubaldo Cerqueiro, de Que Pasa na Costa, nunha mesa redonda sobre os medios en galego

O traballo de Xamardo e Zabaleta, titulado 'Sistema de medios en gallego: realidad y transformaciones', inscríbese dentro do proxecto de Investigación do Grupo HEKA Medios y Periodismo en Lenguas Minoritarias Europeas / Media and Journalism in European Minority Languages, da Universidade do País Vasco. Neste estudo analizaron o sistema de medios en lingua galega a principios de 2016 desde as variables de tipo de medio, propiedade, difusión, contido e desenvolvemento web, achegando datos sobre a súa realidade, evolución ao longo dos anos e transformación. Así mesmo, calcularon o volume económico e investigaron a penetración social ou peso relativo dos medios, xunto coas diferenzas provinciais, ademais da posible correlación entre medios, idioma e ideoloxía nacionalista galega.

Os autores destacan a inexistencia en Galicia dun xornal diario en papel para un público lector potencial de 1,4 millóns de galegofalantes.

Os investigadores conclúen que para ter un sistema de medios equilibrado e que sirva mellor as necesidades informativas da sociedade galega e en galego sería moi importante, en primeiro lugar, que o volume económico, isto é, o financiamento, se distribuíse de modo máis equilibrado entre a prensa, a radio, a televisión e os cibermedios.

En segundo lugar, que as axudas públicas se incrementen notablemente para todos os sectores, e en especial para os medios de propiedade privada e social.

Representantes da Asociación de Medios en Galego
Representantes da Asociación de Medios en Galego

En terceiro lugar, que o desequilibrio interprovincial se reduza por medio da creación de medios nas provincias cunha penetración reducida de medios en galego.

E por último, que se poña tamén especial atención ao desenvolvemento de novos medios impresos de ámbito local ou comarcal, mesmo agora que Internet está a impoñerse, xa que en comunidades con linguas minoritarias como Gales, os Papurau Bro ou prensa local de frecuencia mensual, manteñen unha importante presenza na comunidade, ou tamén en diversas partes do Reino Unido destacan que están a xurdir con éxito novos xornais locais, exemplifican os investigadores.

O SISTEMA DE MEDIOS EN GALEGO É ÚNICO EN EUROPA

O sistema de medios en lingua galega diferénciase notablemente da estrutura de medios existente no ámbito europeo e, especificamente, dos sistemas de medios en lingua vasca e catalá, salientan os autores deste estudo. As diferenzas máis notables danse, segundo Xamardo e Zabaleta, no tipo de medio, difusión e penetración sociolingüística, pero non tanto no tipo de propiedade. Mentres no sistema galego a radio (a maioría, emisoras municipais públicas) representa case a metade e a prensa escrita só un cuarto do total, no marco europeo a orde é case inversa: a prensa en papel supón a metade de todos os medios e a radio só un terzo. Así mesmo, as diferenzas tamén son notables en televisión. 

Mentres a nivel de linguas minoritarias europeas existe un medio en lingua propia por cada 12.117 falantes, no caso galego é dun medio por 24.622 galegofalantes.

A baixa porcentaxe da prensa escrita en galego acentúase ante a falla dun xornal diario en papel para un público lector potencial de 1,4 millóns de galegofalantes, subliñan os investigadores, que lembran que a desaparición en 2011 do único diario impreso en galego, Galicia Hoxe, supuxo unha "perda importante" nun sistema global de medios escritos dominado por La Voz de Galicia ou Faro de Vigo, xornais en español e nos que o uso residual do galego tan só se xustifica polas axudas que reciben da Xunta.

En canto á variable da difusión, a porcentaxe de medios locais en galego é preto de quince puntos porcentuais inferior á que se dá no marco europeo, o que indicaría unha "evidente escaseza de medios de alcance comarcal".

No que atinxe á penetración social e lingüística, Xamardo e Zabaleta salientan que mentres a nivel de linguas minoritarias europeas existe un medio en lingua propia por cada 12.117 falantes, no caso galego esta cifra é máis do dobre (un medio por 24.622 galegofalantes). Por provincias, "a situación de escaseza de medios é grave en Pontevedra (33.035 falantes/medio) e dramaticamente baixa en Lugo (92.791 falantes/medio)", mentres que na Coruña é de 18.889 galegofalantes por cada medio publicado e en Ourense, 20.115 falantes por cada medio.

O nivel de penetración está estreitamente relacionado co lugar de edición do medio. Debido a iso, o desequilibrio territorial do sistema galego enténdese mellor ao comprobar que seis de cada dez medios se publican ou teñen a súa sede na Coruña; e practicamente tres de cada dez fano en Santiago de Compostela. Este feito, que segundo os autores do estudo está "indubidablemente relacionado co papel político, cultural e simbólico que desempeña esta cidade para toda Galicia", supón un "importante desequilibrio para o sistema de medios en galego". "Este contraste acentúase se se ten en conta a tradición xornalística da cidade de Vigo, que conta cun xornal referencial en Galicia, o Faro de Vigo", decano da prensa no Estado.

O estudo destaca a fortaleza dos medios en galego en Internet, aínda que destaca a escaseza de medios de propiedade social.

En canto á propiedade dos medios, os valores do sistema galego son similares aos existentes no total das dez linguas minoritarias europeas que están estudando Xamardo e Zabaleta. A única diferenza reseñable atópase na propiedade social, na que o sistema galego ten un 10% menos, o que se pode interpretar como unha "certa debilidade dos movementos e organizacións sociais sen ánimo de lucro dedicados ao desenvolvemento de medios e defensa do idioma" en Galicia.

Agora ben, onde o sistema de medios en galego se atopa forte, subliñan, é na súa presenza na Internet, xa que máis de tres cuartas partes dos medios tradicionais teñen sitios web con servizo actualizado de novas e, ademais, o número de cibermedios tivo un gran incremento nos últimos anos.

A "PREOCUPANTE" DISCRIMINACIÓN DA XUNTA

Unha mirada crítica ao volume económico dos medios fai aflorar outro "factor de debilidade" para o sistema de medios en galego. En concreto, os investigadores apuntan ao feito de que, dos 100,8 millóns de euros de ingresos anuais de todos os medios en lingua galega, a maior parte do diñeiro (86,5 millóns de euros) pertencen á única canle de televisión existente (TVG), e entre a prensa escrita e os cibermedios só suman uns ingresos anuais de dous millóns de euros (2% de ingresos do total). Isto indica, para os profesores da Universidade do País Vasco, un "desequilibrio desmesurado".

Ademais, se se inclúen os ingresos das radios municipais públicas constátase que os ingresos dos medios de propiedade pública (Televisión e Radio Galega) alcanzan 98,6 millóns de euros; isto quere dicir que "a dependencia no diñeiro público e nos medios públicos é case total, o que pode ser moi oneroso para o conxunto do sistema de medios en galego e prexudicial para un desenvolvemento variado e equilibrado", advirten Xamardo e Zabaleta.

Os investigadores advirten dunha "preocupante política de axudas da Xunta", que "segue inxectando cifras millonarias á prensa en español que se edita en Galicia".

Nesta crítica, din, deberíase subliñar a "preocupante política de axudas da Xunta, que, aínda que suprimiu estas para os medios en lingua propia, segue inxectando cifras millonarias á prensa en español que se edita en Galicia".

"Ante esta situación, considerada discriminatoria, os medios en lingua galega organizáronse e levaron a cabo diversas protestas, campañas e mesmo unha iniciativa lexislativa ao Parlamento galego para regular a publicidade institucional, que foi rexeitada polo Partido Popular de Galicia", lembran os investigadores da Universidade do País Vasco.

Esta discriminación da Xunta aos medios en galego chega a ser delirante no caso das axudas ao uso da lingua galega. Como publicou recentemente GC, a resolución das subvencións aos medios para promocionar o galego nos medios sumou tan só 201.000 euros para os que usan exclusivamente a lingua propia do país, fronte aos 1,6 millóns dos que o informan en castelán. Para cobrar esas subvencións, aos medios escritos en español chégalles con cederlle á lingua galega un practicamente insignificante 8% do total das informacións publicadas, suficiente para a Secretaría de Medios da Xunta para que estes reciban oito veces máis das axudas que perciben os medios que si defenden e normalizan o galego a diario.

Esta situación surrealista chega a tal punto, que os medios dixitais en galego con importantes audiencias (por exemplo GC e Praza Pública) non ven un peso en axudas á promoción da lingua, mentres a Xunta enche as arcas de xornais que menosprezan e discriminan o galego como La Voz de Galicia (718.000 euros) Faro de Vigo (305.000 euros) ou mesmo de xornais con audiencias menores que GC, como Atlántico Diario (22.000 euros a través de Rías Baixas Comunicación) e El Ideal Gallego e Diario de Ferrol (33.000 euros a través de Editorial la Capital).

CORRELACIÓNS ENTRE MEDIOS, IDIOMA E NACIONALISMO

Finalmente, con respecto á hipótese que os profesores da Universidade do País Vasco plantexan da correlación entre medios, idioma e ideoloxía, conclúen que a provincia da Coruña ten un peso no sistema de medios significativamente superior ao das súas porcentaxes de galegofalantes e nacionalistas galegos. "Iso significa que hai outros factores, máis aló do idioma e a ideoloxía nacionalista, que potencian o desenvolvemento de medios en galego nesta provincia, como, por exemplo, a centralidade política, cultural e universitaria de Santiago". 

Porén, en Pontevedra e Lugo ocorre o contrario, xa que as súas achegas ao sistema de medios en galego son inferiores ás súas porcentaxes de galegofalantes e de nacionalistas, aínda que estas correlacións negativas son máis acentuadas en Pontevedra. Ourense mostra unha equilibrio en ambas as correlacións.

Temas: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

8 nostrus

Eu son partidario de que o galego sexa lingua oficial en Galicia, pero nada mais, non pretendo que se evanxelice a ninguen na lingua verdadeira, sinon que deixo que cada cidadan elixa a lingua na que se quere expresar. Tamen me considero co nivel minimo intelectual para poder comprender que o galego é unha lingua excasamente útil e innecesaria, pero inda asi é a lingua que moita xente prefiere para expresarse e por eso debe ser oficial, habida conta que responde a realidade lingúistica social de Galicia. Polo demais, eu respeto que haxa xente que lle rece ao galego mentras non me fagan rezar a min.

1 teutonio

Daste conta que dicir que te consideras co nivel mínimo intelectual pra comprender algo e na mesma frase meter a palabra "excasamente" é unha contradición?

7 Anxo.

Subvención CERO para tod@s. Que se busquen la vida con publicidad, como hacemos los mortales que abrimos la persiana todos los días de Dios. Machiños, donde no hay, NO HAY. ¿Hasta cuando váis a vivir de la sopa boba, compañeiros? La libertad de hablar en lo que me salga del nabo no me la quita nadie, que es la misma que la de leer los medios más fiables.

6 Nexus 6

¿ El "periodista ese de la foto, el tal Aurelio López, no ha sido condenado por morder policías, y desórdenes públicos tras la manifestación de Galicia Bilingüe? ¿Tiene el título universitario de la Facultad de Periodismo de alguna Universidad? Con "informadores" como ése, no me extraña que no le den subvenciones a los medios en los que el chavalote "trabaja". Lo peor de todo no es que se haga pasar por periodista, sino que haya quien le pague y peor aún, quien se crea sus patrañas.

1 Victor do Ribeiro

Chamado O Canibal en moitos lugares. Es cierto, si estos son los defensores del galego está claro que esa lengua desaparecerá en pocos años. Otra elementa es la Olalla, del club de las que cobran 5.000 netos por pasearse por el Parlamento Gallego.

5 Bufffff

Ni que la universidad fuese la fuente pura; ni que no tuviese un problema serio de corrupción llamado endogamia, también política, que sesga las investigaciones y sus resultados. Es evidentísimo que el gallego escrito es deleznable, no lo lee ni el Tato, por artficioso, por lusitanizante, porque se asocia a follón, fanatismo, atraso, ignorancia, gusto por lo cutre, Galicia profunda, porque la gente de las aldeas que lo tiene como su lengua madre no se reconoce en él, etc. Venga, a chorar a Cangas

1 Anonymous

Outro burro que ou non sabe ler ou non ten capacidade de comprensión lectora. O estudo sinala que máis medios en galego non está correlacionado con máis nacionalismo. Pero nada, meu, ti ao teu, que seguro que tes máis base e coñecemento que os cientíicos, co teu fanatismo e as túas obsesións. Bufffffff...

2 Bufffff

A ver paspán, que yo no hablé de nacuonalismo empedernido, aunque es evidente que los medios escritos en gallizo son nacionalistas empedernidos... El progreso es imparable, y por mucho que se quiera vivir del cuento la realidad se impone y deja como un elemento propio del pasado, del subdesarrollo, el carro de bueyes o la vernácula, con ínfulas de querer ser lengua de cultura jajaja Decía Fr. Antonio de Guevara q una lengua es buena cuando sabe a pan. El gallizo sabe a plástificado, o parafraseando a Machado, a cerrado y sacristía, aunque algunos esperáis q tenga su luz y su dia juaaaas

3 Anonymous

Buffffff!!!!!! Estas moi mal da cabeza. TVG é un medio en galego e con audiencias que xa lle gustarían a canles en español; o galego, esa lingua que ti tanto queres desprezar como idioma de paletos, ergo chamas a centos de miles de galegos paletos. Ese odio non che fai ben.

4 Bufffff

Caro, estamos hablando del gallego escrito, pero aun así, para mi que nuestros paisanos distinguen entre el gallego normal en el que se comunican y "el de la TVG", en el que no se reconocen. Según tú la TVG tiene unas audiencias tremendas: 1) Si eso fuese cierto sería un negocio, y no abren canales en la vernácula. 2) Sospecho que la TVG se ve en el rural. Yo no la veo hace años salvo algo puntual como un partido. Tampoco conozco a nadie urbano que la vea. Tal vez la vean y lo oculten de forma vergonzante...

5 Anonymous

Caro, cariño, xa sei que preferirías que o castelán da TVE se impuxese, pero non é así > http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-... Polo demais, lembra, La Voz, Faro, El Correo, xornais en castelán, cobran millóns de euros por axudas ao galego. Se non che parece delirante é que deliras como os que conceden esas axudas. Que quiten esas axudas ou que llas dean aos medios en galego, pero que non engorden as arcas de medios que desprezan a lingua galega con cartos para a promoción da lingua. É tomarnos a todos por parvos, a ti, a min e a 2,7 millóns de galegos.

6 Bafffffff

Bufffff, hay que ver que mentecato y paleto es este Bufffff. Te lo dice alguien que habla castellano: Buff: eres un bufffffón ignorante perdido

7 teutonio

É impresionante que unha persoa que fale de progreso e atraso exprese ideas tan rancias e decimonónicas como o supremacismo lingüístico.

8 Balbino Fernández

Non Teutonio, tamén hai progreso rancio! Bufff, Nostrus, Nexus, Víctor e outros cirigaios están na liña do fascismo italiano, adoradores daquel progreso noxento, disciplinado e autoritario, que arrasa povos e queima a diversidade cultural do mundo. Son os seguidores, perdidos no tempo como neandertais ansiosos da caverna que os protexa, dos aprendices do facherio italiano, como Gómez de la Serna, Rafael Sánchez Mazas e outros fascistas ou filofascistas como Eugenio d' Ors. O supremacismo racial e lingüístico vai na xenética dos fascistas españolistas. O nacionalismo español sen complexos que provoca e anima os debates de Galicia Confidencial.

4 Gamela

este é un vello debate, que ten mala solución. Se non houbese subvención algunha para ninguén, igual tíñamos medios de COMUNICACIÓN libres e independentes dos Gobernos de turno... e igual así tiñamos unha posibilidade de chegar a ser o que verdadeiramente somos GALEGOS e GALEGAS con pensamento propio e con medios nos que se permita a libre expresión de ideas (Gracias a GC este é o mellor camiño para un futuro en liberdade!)