Pontón acusa a Feijóo de ser “o maior obstáculo” para a transferencia da AP-9

O BNG pedirá este luns a convocatoria da deputación permanente do Parlamento galego para esixir a Feijóo "unha aclaración urxente"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2017 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de terse convertido no "maior obstáculo" para acadar a transferencia da AP-9 para a súa xestión autonómica. "Empeza a parecerme todo unha gran tomadura de pelo e un engano", declarou Pontón nunha entrevista concedida este domingo á Cadena Ser, onde comentou que os argumentos do titular do Executivo autonómico sobre o traspaso da autoestrada parécenlle "cada vez máis rocambolescos".

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: Europa Press

Por iso, avanzou que este luns o BNG solicitará a convocatoria para este mes de xullo da deputación permanente para que Feijóo compareza e confese "se vai reclamar a transferencia ou se foi todo un paripé, un farol". "É un tema que merece unha aclaración urxente", apostilou.

"O que non pode ser é que vexamos a miles de galegos atrapados na AP-9, Audasa facendo caixa e o Goberno mirando para outro lado", incidiu Pontón, quen aclara que a transferencia non se reclama "porque si", senón para "acabar cunhas peaxes que son unha auténtica estafa e cunha xestión que clama ao ceo".

Neste sentido, volveu a pedir que Audasa sexa sancionada cando se produzan atascos e que, se estes superan o quilómetro de lonxitude, a concesionaria estea obrigada a levantar as barreiras. "Todo isto pasa porque o Goberno central e o galego parecen monicreques en mans de Audasa e non están a defender os intereses dos galegos".

DÍA DÁ PATRIA

Como cada ano o 25 de xullo, o BNG volverá ás rúas de Compostela nunha mobilización que queren converter "nunha gran protesta" nun día "no que todos os galegos" deben "festexar o feito de ser un pobo, unha nación con dereito a ocupar o seu lugar no mundo".

Nun verán marcado na actualidade política polo 'procés' de independencia de Cataluña, Pontón cre que Galicia debe ter "capacidade de decidir" porque "moitos problemas se solucionarían" se os galegos tivesen "as rendas" do seu "futuro".

"Cada vez vexo máis clara a necesidade do nacionalismo para que o país poida avanzar e estou segura de que se unha nación sen Estado necesita o nacionalismo, esa é Galicia", declarou a líder frontista.

Así, ve no proceso de autodeterminación de Cataluña iniciado pola Generalitat como un cuestionamiento "ás costuras do réxime do 78". "Cataluña está a abrir a esperanza para poder cambiar este réxime", incidiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Clara

Pontona, deixa a poltrona e ponte a traballar.

1 antimareados

cala a boca mugre de podreiros pagada polo PP

2 Nemesio

Bloqueiro, vaiche á sede para recoller o bocadillo e propína, pero ten coidado, que como estea por alí un da xerontocracia upegalla vas ter que poñer de xeonllos e xa sabes.