Semellanzas irrazoables

Buscamos noutros países referentes da nosa realidade. Mais non deixan de ser espellismos.

Por Serafin Pazos | Bruxelas | 18/07/2017

Comparte esta noticia

Xuño é sempre un mes de viaxes. Ben por cuestións loxísticas, ben polo desexo de combinar lecer e deber neste mes pasado sempre coinciden, ou fan por que coincidan, reunións e conferencias en lugares máis ou menos vacacionais, máis ou menos exóticos. Desta vez a min tocoume Palma de Mallorca, Dublín, a illa Quios en Grecia, Helsinki e Edimburgo en pouco máis ca dez días. Sen contar unha viaxe rápida a casa con parada en Barcelona.

Malia o cansazo de tanta reviravolta ocasións coma esta son un bo xeito aprehender a enorme diversidade deste tapiz que é Europa, e por, implícitamente cómo se compara coa nosa propia realidade.

Ós galegos, coma todo pobo minorizado, encántanos atopar referentes, cando non inventalos, para abstraernos do abafante marco conceptual do cocidito madrileño. “Coma en Irlanda”, berraban no tempo das Irmandades. Certo que un galego con mínimas inquietudes coñece o mito que, segundo o Libro das Invasións,afirma que os gaélicos irlandeses descenden dos fillos de Mil, que son os de Breogán. Súmese o semellante proceso de rexurdimento cultural no XIX (Liga Gaélica, Asociación Atlética Gaélica) e a situación de postración dunha sociedade rural condeada a emigración pola situación de dependencia dunha potencia industrializada para querer ver unha identidade Galicia-Irlanda. Non foron nin fomos poucos en crer no espellismo. O caso é que, independentemente cómo fora a situación daquela, o outro día paseando polo centro de Dublin, precisamente cando se cumpriu un século do alzamento nesas mesmas rúas contra o dominio británcio, o case idéntico que é todo ao Reino Unido. Ata os cheiros. O único diferente é que os letreiros eléctricos das paradas de bus tamén aparecen en lingua e toponimia gaélica. Esa lingua que estudan todos pero só entenden uns centos de miles e falan uns 50,000 coma moito, refuxiados mal que ben nunhas reservas indíxenas no oeste do país.  Brillante futuro.

Curioso contraste na illa de Quios,na que tamén hai pouco máis de cen aos que dun día para outro marcharon os ocupantes otomanos e os aldeáns gregos baixaron do monte e literalmente okuparon a fortaleza, convertida en improvisado casco antigo da vila. Malia certa industria turística, só hai que dar unha volta para comprobar que agás os letreiros en grego, pouco se diferencia da escanastradas rúas de calquera vila turca. No porto deambulan os refuxiados árabes e afganos que non queren ou poden estar nas tendas de campaña improvisadas por ONGs na praia, o carón da muralla da vila. Notable que malia a relativa probreza a maioría de traballos manuais fanos outros refuxiados: balcánicos -macedonios, albananeses, romenos-, e xitanos de todalas nacionalidades. Europa, Europa.

Tamén celébrase este ano o centenario da independencia de Finlandia. O clima e o carácter nacional fan que non haxa celebracións moi visibles: o evento principal é a inauguración dunha biblioteca. En todo caso se un se fixa paseando polo centro de Helsinki e ainda máis nas aldeas dos arredores, non hai nin 50 anos que a costa finesa era fundamentalmente sueca, o idioma do colonizador desde o século XII. Non foi ata daquela que os finlandeses surxiron dos bosques que se impuxeron en todos ámbitos da sociedade, ata o punto que os dereitos colectivos e linguisticos do 5% de suecofalantes que ainda quedan son vistos coma privilexios e feitos diferenciais pola maioría dos finlandeses. A mensaxe implícita é que só a maioría finoparlante son os finlandeses “fetén”. En Finlandia, a diferencia de Galicia, foron os das aldeas os que gañaron. Pero xa o di o conto: non sirvas a quen serviu. Con todo podía ser peor: nada máis de gañar a independencia na revolución rusa tiveron tres anos de guerra civil entre os socialistas prosoviéticos e os burgueses capitalistas, antes contentos co seu estatus de autonomía dentro do Imperio Zarista, pero que se pasaron a indepes só coma  medio de escapar do terror vermello.     

Por último, tamén me chamou a atención a sociolinguistica de Mallorca. De toda a xente que estaba na reunión, eu era o único que nunca estivera. Para unha familia traballadora galega era un destino dunha vez na vida, ou de traballo de camareiro, o que é un destino banal para calquera do norte de Europa. O caso é que a cidade, que ben se ve que pasou de pequena capital de provincias a cidade de medio millón en pouco tempo, ten todas as trazas dunha sociedade tribal. Vese nos letreiros: predomina o español, certamente naqueles barrios con máis poboacón flotante. O catalán é marca das institucións e os negocios que se reivindican coma máis tradicionais. Logo está o inglés e, de xeito notable, o alemán: chamoume a atención que uns grandes e coñecidos almacens de ferramentas deran tanta relevancia na súa signaléctica ó alemán có español e catalán. A recepción polo goberno no pazo da Almudaina foi por contra en catalán con tradución ó inglés.

Todo isto para vir dicir que calquera exemplo doutra socidade, estes os outros, se pode interpretar, cando non deconstruíra par encadralo coma un referente da nosa realidade.  Sen embargo cuestiono a validez dese tipo de exercicios, comprensibles pola necesidade humana de racionalizar por vía da  semellanza. De feito pensar nas Irlandas,Cubas, Catalunyas, Irsaeles, Dinamarcas, ou mesmo Portugal escurecen máis que iluminan o noso propio contexto. Impídenos pensar por nós mesmos. Pero xa postos a facer comparacións o meu candidato a referente galego é, dito sen moita ironía, Bielorrusia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Serafín Pazos Analista político, dacabalo entre Bruxelas, onde reside, Escocia, onde traballa, e Galicia, onde ten a cabeza. Escribe a título persoal. @SerafinPazos