Os examinadores de Tráfico levan case un mes de folga

A protesta está a afectar tamén ao sector de autoescolas formado por pequenos e medianos empresarios.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/07/2017 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Os examinadores da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) están en folga desde o pasado 19 de xuño. Cunha concentración diante da Xefatura de Tráfico da Coruña quixeron poñer de manifesto a súa situación esixindo unha dignificación do seu posto de traballo prometida desde o ano 2008 e ratificada no acordo de desconvocatoria de folga do ano 2015.

"Ante a pasividade, incompetencia e indiferenza do goberno e do seu máximo representante na DXT, o Director Xeral de Tráfico, non nos deixaron máis opción que saír á rúa e reclamar o que por xustiza se nos debe e correspóndenos. Estamos fartos de tanta mentira do Sr. Gregorio Serrano. Se non é competente para solucionar un conflito laboral froito dunhas demanadas que el mesmo recoñeceu en sede parlamentaria como necesarias e xustas, debería dimitir inmediatamente do cargo que ocupa", afirma Vanesa Fernández, Delegada de Asextra (Asociación de examinadores de Tráfico) en Galicia e membro do comité de folga.

Esta folga de examinadores está a afectar tamén ao sector de autoescolas formado por pequenos e medianos empresarios que ven como a pervivencia do conflito no tempo está a ameazar co peche de moitas delas. Esta circunstancia foi recalcada tamén polos membros do comité de folga na última reunión mantida co Director Xeral o pasado martes 27 de xuño, que amosou "o seu total e absoluta indiferenza?", segundo Vanesa Fernández.

Coche de autoescola do grupo Formaster
Coche de autoescola do grupo Formaster

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta