Noriega: “Son propietario dos meus silencios e das miñas ausencias”

O alcalde de Santiago asegura que non ten "nada novo que dicir" sobre o resultado do plenario de En Marea, do que saíu reforzado Luís Villares e ao que non acudiu, ao igual que o rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2017 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, afirmou este luns que non ten "nada novo que dicir" sobre o resultado do plenario de En Marea do sábado, do que saíu afianzado Luís Villares e ao que Noriega non acudiu, como o seu homólogo da Coruña, Xulio Ferreiro. "Son propietario dos meus silencios e das miñas ausencias", limitouse a proclamar o rexedor de Compostela Aberta.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega | Fonte: Europa Press

"Nada novo que dicir. Mantiven un perfil nas semanas previas do debate do espazo de En Marea nas que administrei os meus silencios de maneira consciente e hoxe non teño nada novo que dicir sobre o que xa non dixen nas semanas anteriores", xustificou o alcalde compostelán ao ser preguntado sobre a súa ausencia no plenario.

"Son propietario dos meus silencios e das miñas ausencias e fágoas desde unha posición de responsabilidade e entendo que nestes momentos é o mellor que podo achegar", aseverou Noriega. Dos tres alcaldes das Mareas, só acudiu ao plenario do sábado o de Ferrol, Jorge Suárez.

Dito isto, o rexedor compostelán apuntou que está "absolutamente centrado no espazo da cidade" e nas responsabilidades que ten neste ámbito.

Neste sentido, lembrou que nos últimos meses deu "pasos atrás". "Non teño ningunha obriga de exercer como portavoz e tampouco ningún interese en facelo nestes momentos", concluíu o rexedor compostelán, membro de Anova, un dos focos críticos con Villares e a coordinadora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

8 Gamela

Onte pasei pola praza da Quintana, e sí parece que o alcalde Noriega está AUSENTE! Wáteres portátiles, dúas barras de cervexa 1906... Non sei se este é o xeito de facer festas en Santiago... pero aínda que o turismo teña desfeito a zona vella NON é de recibo maltratar a Praza da Quintana dese xeito ! A ver se coidamos o patrimonio cultural de Galicia (e esiximoslle á Catedral que remate dunha vez a limpeza da fachada e das torres e retire os andamios noxentos ou cando menos os cubra con algo máis DECENTE !!!) Que Martiño Noriega vaia ou deixe de ir aos plenarios de En Marea non ten importancia, pero que centos de miles de galegos / e turistas vexan a Quintana convertida nun estercoleiro SI É RESPONSABILIDADE DO ALCALDE !!!

7 uruz

Como anda a esm€rda do país! Están facendo que o goberno do PP dure mil primaveras máis. Di ti que non sei que será pior XD.

6 Harto de los de siempre

Los progres profesionales llevan en el ADN la imposibilidad de articular un proyecto serio. Cuando el 11M hubo una oportunidad de crear una nueva izquierda pero se cometió el error de dejar entrar a los disidentes del bloque, a izquierda unida, a sindicalistas sin oficio y demás fauna. Esto unido a que los cuatro pájaros que quedan en el bloque no van a renunciar al carguito y a que el PSOE no termina de morir ... no habrá manera de echar al PP. Me temo que es cuestión generacional y hasta que llegue otra generación progresita no habrá nada que hacer. ES lo que hay.

5 Baleirario de En Marea

E das túas actas, e dos teus salarios de non máis de 1000 euros como militante de Anova, e das túas promesas incumpridas, e da túa pucha tapacalvas

4 Chichi

Como sabía que ía facer o ridículo, preferiu non perder todo o sábado facendo o pailán en Santiago co día caralludo de praia que facía. Foi o que fixo Martiño e tamén Xullo. O que estivo moi mal e non avisar ao de Ferrol, que falta de consideración co pobre Jorge