Noriega: “Son propietario dos meus silencios e das miñas ausencias”

O alcalde de Santiago asegura que non ten "nada novo que dicir" sobre o resultado do plenario de En Marea, do que saíu reforzado Luís Villares e ao que non acudiu, ao igual que o rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2017 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, afirmou este luns que non ten "nada novo que dicir" sobre o resultado do plenario de En Marea do sábado, do que saíu afianzado Luís Villares e ao que Noriega non acudiu, como o seu homólogo da Coruña, Xulio Ferreiro. "Son propietario dos meus silencios e das miñas ausencias", limitouse a proclamar o rexedor de Compostela Aberta.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega | Fonte: Europa Press

"Nada novo que dicir. Mantiven un perfil nas semanas previas do debate do espazo de En Marea nas que administrei os meus silencios de maneira consciente e hoxe non teño nada novo que dicir sobre o que xa non dixen nas semanas anteriores", xustificou o alcalde compostelán ao ser preguntado sobre a súa ausencia no plenario.

"Son propietario dos meus silencios e das miñas ausencias e fágoas desde unha posición de responsabilidade e entendo que nestes momentos é o mellor que podo achegar", aseverou Noriega. Dos tres alcaldes das Mareas, só acudiu ao plenario do sábado o de Ferrol, Jorge Suárez.

Dito isto, o rexedor compostelán apuntou que está "absolutamente centrado no espazo da cidade" e nas responsabilidades que ten neste ámbito.

Neste sentido, lembrou que nos últimos meses deu "pasos atrás". "Non teño ningunha obriga de exercer como portavoz e tampouco ningún interese en facelo nestes momentos", concluíu o rexedor compostelán, membro de Anova, un dos focos críticos con Villares e a coordinadora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 aldreu

Noriega igual que foi tránsfuga deixando o BNG pero quedándose co postiño, pode ser tránsfuga da Marea exactamente igual.

2 Ferriño

"Ni contigo ni sin ti y tan alta vida espero que muero porque no muero" Santa Teresa

1 Pois non.

Respecto, pero moi decepcionante para min.