Ferido un operario tras caer a un foso no Porriño (Pontevedra) e outro ao precipitarse dun tellado en Porto do Son

Un operario foi rescatado na mañá deste luns dun foso ao que se precipitou cando realizaba o seu traballo no municipio do Porriño (Pontevedra), mentres que outro traballador resultou ferido ao precipitarse dun tellado en Porto do Son (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2017 | Actualizada ás 13:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un operario foi rescatado na mañá deste luns dun foso ao que se precipitou cando realizaba o seu traballo no municipio do Porriño (Pontevedra), mentres que outro traballador resultou ferido ao precipitarse dun tellado en Porto do Son (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o primeiro accidente laboral ocorreu pasados uns minutos das 10,00 horas cando o home se atopaba na beiravía da A-55, á altura de Atios, realizando traballos de conservación.

Os feitos sucederon ao ceder un bloque de cemento, que fixo que o operario se precipitase ao foso, dun cinco metros de profundidade.

Tras recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia pasou aviso ao 061, á Garda Civil, aos Bombeiros de Baixo Miño e aos efectivos de Protección Civil do Porriño.

Tras ser rescatado o ferido, M.V.N., de 36 anos, foi levado nunha ambulancia asistencial acompañado dun médico de Atención Primaria ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, segundo sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

PRECIPITADO

Sobre a mesma hora, persoal do 061 alertou ao 112 Galicia doutro accidente laboral, ocorrido en Goiáns, na poboación de Portosín, no municipio de Porto do Son.

Neste caso tratouse dun operario que se precipitou desde o tellado do Polideportivo de Trapa que, neses momentos, reparaba, segundo indicou o 112 Galicia.

Ata o punto, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse axentes da Garda Civil, Protección Civil da localidade e os Bombeiros de Ribeira e de Boiro.

En concreto, o operario ferido, R.P.R., de 55 anos, foi levado ao Hospital do Barbanza nunha ambulancia asistencial mobilizada xunto a un médico de Atención Primaria.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta