Detidas tres persoas e desmantelado un punto de venda de heroína na zona vella de Santiago

A Policía Nacional detivo a tres persoas e desmantelou un punto de venda de heroína na zona vella de Santiago de Compostela. No operativo foron intervidas máis de 2.700 dose de heroína e máis de mil de cocaína.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2017 | Actualizada ás 14:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a tres persoas e desmantelou un punto de venda de heroína na zona vella de Santiago de Compostela. No operativo foron intervidas máis de 2.700 dose de heroína e máis de mil de cocaína.

Desmantelado un ptuno de venda de heroína en Santiago.
Desmantelado un ptuno de venda de heroína en Santiago. | Fonte: Europa Press

Segundo informou a Comisaría de Santiago, o operativo foi "resultado dunha intensa investigación sobre o tráfico de heroína" iniciada o pasado mes de marzo "e despois de que numerosas informacións veciñais fixesen saltar as alarmas acerca da existencia dun punto de venda de heroína moi activo na zona vella da cidade", engade.

Así, axentes da Comisaría da Policía Nacional compostelá identificaron ao encargado de distribuír a droga, un home de 40 anos sen antecedentes policiais, que desempeñaba unha "actividade frenética", segundo concreta, dedicada exclusivamente á venda de sustancias estupefacientes "en horario ininterrompido".

A partir dese momento a investigación centrouse en localizar a orixe da sustancia estupefaciente. As pescudas levaron aos investigadores á localidade coruñesa de Boiro, onde os axentes se toparon "cun vello coñecido", segundo dixo a Policía, detido anos atrás por tráfico de drogas, un home de 47 anos, responsable de prover de sustancias estupefacientes á zona vella da localidade de Santiago, entre outras.

A operación denominada 'Algarrobo', culminou coa detención de ambos os implicados a noite do pasado día 9 de xullo, cando foron interceptados 'in fraganti' no momento en que se dispuñan a realizar unha das súas habituais "transaccións". Nese momento foron intervidas máis de 300 dose de heroína, así como diñeiro en efectivo.

A Policía engadiu que na mañá do 9 de xullo xa fora detido un home de 56 anos, veciño da localidade de Soutomaior (Pontevedra), cando se atopaba en posesión de numerosas doses de cocaína e que acababa á súa vez de recibir do provedor de Boiro.

REXISTROS

Tras realizar as detencións e coas autorizacións xudiciais oportunas practicáronse dous rexistros domiciliarios, un na cidade de Santiago e outro na localidade de Boiro, onde se interviñeron unhas 2.400 doses de heroína, máis de 800 de cocaína, así como pastillas de metadona, clonazepam, básculas de precisión, varios teléfonos e dous vehículos.

O operativo policial foi realizado por funcionarios adscritos ao Grupo de Estupefacientes pertencente á Brigada Local de Policía Xudicial de Santiago de Compostela e os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago, cuxo titular dirixe as actuacións e decretou o ingreso en prisión dos veciños de Santiago e Boiro, e liberdade con cargos para o terceiro, todos por senllos delitos contra a saúde pública.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta