Un total de 81 centros educativos amplían por primeira vez o plurilingüismo a infantil e 4 introducen 'Pluribach'

Un total de 81 centros educativos galegos contarán por primeira vez cun curso plurilingüe en infantil: 33 de Pontevedra, 26 na Coruña, 14 en Ourense e 8 en Lugo. Ademais, outros catro súmanse ao 'Pluribach'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2017 | Actualizada ás 20:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 81 centros educativos galegos contarán por primeira vez cun curso plurilingüe en infantil: 33 de Pontevedra, 26 na Coruña, 14 en Ourense e 8 en Lugo. Ademais, outros catro súmanse ao 'Pluribach'.

Os centros que se adhiren a este tipo de bacharelato son o IES Campo de San Alberto en Noia (A Coruña), o CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, o CPR Plurilingüe Divina Pastora e o IES Blanco Amor, o tres en Ourense. Así, serán en total 311 os centros plurilingües.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou este luns os datos provisionais dos centros plurilingües para o próximo curso 2017/2018, con motivo dunha visita a unha estancia de inmersión lingüística en inglés en Culleredo (A Coruña).

Os cambios prodúcense no marco da nova Estratexia galega de linguas estranxeiras, 'EDUlingüe 2020', cuxos obxectivos pretenden alcanzar os 500 centros plurilingües, 600 novas seccións bilingües e duplicar o número de auxiliares de conversación ata 1.000; todo para o ano 2020.

Ademais, Rodríguez apuntou que aumentan a 211 seccións bilingües máis en Galicia, o que suma un total de 4.125, un 5 por cento máis que o pasado curso.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta