Temas: MúSICA

Ses e Eladio encabezan o cartel do novo Festival Fax

Xinzo de Limia acolle un novo evento musical centrado en darlle promoción as bandas do país. As entradas xa están a venda.

Por Galicia Confidencial | Xinzo | 18/07/2017 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

Os promotores din que o Festival FAX pretende ser máis ca un festival de música.  Nace da necesidade de importar á nosa comarca algunhas das ideas máis innovadoras e exitosas que xa se consolidan por outros lugares da xeografía nacional e internacional, aseguran.

Eladio e os Seres Queridos
Eladio e os Seres Queridos

O primeiro cartes está encabezado por dous dos nomes máis importantes da música independente galega, a cantautora Ses e a banda viguesa Eladio y los Seres Queridos. Coanhadeira e Habitación Vudú completan o menú.

O evento terá lugar o 5 de agosto de 2017 na Alameda do Touran en  Xinzo de Limia (Ourense). As entradas xa están a venda a través de Ataquilla.com. Parten dende só 8 euros máis gastos. 

#FestivalFax preséntase como  "unha arma de promoción turística que utiliza a música como excusa para atraer a un público que poda disfrutar de Xinzo e a súa comarca". 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta