Estación intermodal e transporte público em Lugo

Os políticos acostuman a encher a boca con terminoloxia grandilocuente e moderna, sen ter en conta que estes termos acaban por seren desvirtuados como consecuencia da praxe que segue ás suas declaracions.

Por Adela Figueroa | Lugo | 21/08/2010

Comparte esta noticia

A internodalidade é un destes termos que ven acompañar ao de sustentabilidade xá abondo manuseado  para xustificar todo tipo de actuacións segan ou non boas prácticas ambientais.

A intermodalidade xá a practicamos quen usamos o transporte público. De autobus ao avión, ou do taxi ao comboio.

Quen non a practican son os políticos que deciden acerca da nosa movilidade sen teren en conta as necesidades das usuárias do transporte público que eles non coñecen porque non o usan.

A Estación de Autobuses de Lugo é excepcional se  compararmos côas outras da Galiza : É Ce´ntrica, Non está en dous andares, é acesível para ancians e cidadans con dificuldades de movilidade e SOBRE TODO:
Está próxima á maioria dos/das seus usuárias/os.

Quen usa a Estación de Autobuses?:

a) Os estudantes: hai catro centros de ensino  nas proximidades: Escola de Maxisterio, e tres institutos, que entre todos superan as catro mil persoas das que un 20% utiliza o transporte público para ir e vir a sua casa .A Universidade fica próxima tamén e o Instituto das Mercedes un dos mais numerosos de Lugo.
b) Os habitantes do rural lucense que encontran unha grande profusión de servizos na sua proximidade pólo que poden vir a Lugo con facilidade para resolveren calquera xestión rápida.
c) os usuários que procuramos rexeitar o coche particular. Algunhas porque tratamos de evitar a contaminación que producen , outros porque non o teñen ou non conducen.
d) Os peregrinos que , ainda que non sexan muitos , poderian ser mais se o Camiño se coidase en Lugo.
E dicir , quen usa a Estación de Autobuses e se beneficia das sua ventaxosa excepcionalidade que citei mais acima é o povo. O comboio, en Lugo fica en desuso, pólo mal servizo que presta aos/as posiveis usuárias. Lugo é a única das capitais galegas que non ten comunicación por tren con Santiago , cando esta comunicación seria muito mais barata que a autoestrada que vai destrozar unha gran parte do noso territrio e non vai favorecer o uso do transporte público. Mais barato que o AVE que nin se sabe se vai chegar ou non, e mais barato que trasladar a estacion de autobuses para perder a sua ubicación privilexiada .

Por todo ISO a Intermodalidade teria sentido se houver un Bon servizo de caminho de ferro desde Lugo. Este servizo deberia cubrir as catro capitais con modernos intercitis como o que une Vigo e A Coruña, e transporte de media e curta distancia cós núcleos mais importantes da contorna. Sárria, Monforte, Guitiriz, etc. Lugo deberia ter unha liña côa costa que ligase côa do FEVE  , para estarmos no camiño de Europa transpirenaica e da Portuguesa via Santiago Vigo. Esta proposta é barata pouco agresiva ambientalmente e práctica porque romperia o aillamento actual de Lugo.

Na nosa historia Lugo foi escollida como porta da Gallaecia Norte pólos Romanos, e como entrada a Galiza pólo Camiño Primitivo cara a Compostela.  A desídia da cidadania e da clase política teñena postergada ao esquecemento das grandes vias de comunicación. Rompamos esa tendência potenciando o tren Poderemos falar entón de intermodalidade.

O proxecto do alcalde para recalificar os terreos da Estación de Autobuses para continuar côa perigosa carreira da especulación urbanística é alarmante, antiecolóxica e antisocial.

Basta xá de cemento e da saturación de vivendas cando existen en Lugo muitas mais das necesarias para os habitantes da cidade .

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Adela Figueroa Adela Figueroa Panisse, naceu en Lugo, e viviu en Pontevedra, onde desenvolveu a maior parte do seu labor profisional. De estudante participa como vogal da Asociación Cultural O Galo( Santiago de Compostela) e mais adiante como profesora de Instituto ( é catedrática de Bioloxia e Xeoloxia) nos Movimentos de Renovación Pedagógica desde o seu inicio.Participou no 1º congreso de Movimentos de Renovación Pedagáxica de Barcelona representando á AS-PGP ás Xornadas do Ensino e a Revista O Ensino.Como representante desta última participou no Encontro da Unificaçao Ortográfica (Rio de Janeiro )convidada pola Academía de Ciências e Letras do Brasil. Foi cofundadora da ASPG, e da Revista do Ensino, da que foi Directora.Tamén participou na fundación de ADEGA. Foi colaboradora científica do Semanario A Nosa Terra durante os primeiros anos da sua andaina. Foi membro da ISSOL (Asociación internacional para a investigación da orixe da vida)e da Asociacion Española de Biotecnologia.Traballou na Universidade do Minho e no Instituto da Educaçao.Foi colaboradora do Colexio Oficial de Biólogos de Galiza e da Asociación de Ensinantes en Ciencias de Galiza( ENCIGA). Ten traballado para UNICEF no departamento de Educación para o Desenvolvimento. O Medio Ambiente e o ensino centran o seu traballo, participando activamente na normalización lingüística e cultural de Galiza,asi como o devir cultural de aquén e alem Minho. É master en Educación Ambiental pola UNED-Fundación Universidad Empresa Participou activamente na Plataforma Nunca Máis de Lugo e en ADEGA.Foi Presidenta de ADEGA entre o 2005 e 2010. Continua a traballar nesta organización como vogal . Ten publicado dous libros de poesia : “Vento de Amor ao Mar” 2005 , e “Xanela Aberta” 2008 na Editorial O Castro. Colabora coa Revista de Poesia do Concello de Lugo Xistral .