Beiras e dous dirixentes da CUP e Bildu debaterán en Santiago sobre unidade popular e procesos constituíntes

Anova organiza unha xornada de debate o 24 de xullo no marco dos seus actos para celebrar Día Nacional de Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2017 | Actualizada ás 20:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, a deputada da CUP no Parlament catalán Anna Gabriel e a parlamentaria no Congreso de EH Bildu Marian Beitialarrangoitia protagonizarán a xornada de debate que Anova organizará en Santiago o 24 de xullo no marco dos actos de celebración do Día Nacional de Galicia.

Fontes de Anova ratificaron a Europa Press que a previsión é que este tres dirixentes protagonicen unha xornada de debate na que se abordará a unidade popular e os procesos constituíntes, e que terá lugar na Facultade de Filosofía de Compostela.

Anova xa avanzara a súa intención de impulsar esta xornada de debate cando concretou que celebraría o 25 de xullo cunha serie de actos agrupados baixo a lema 'República e Ruptura'.

Do mesmo xeito que fixo no pasado exercicio, Anova terá o seu propio acto o propio Día de Galicia, unha romaría popular na que aproveitará para facer balance do curso político e avanzar as liñas de actuación dos próximos meses.

Segundo indicara Anova no seu día, o obxectivo é que Antón Sánchez encabece esta cita o propio 25 de xullo. Sánchez foi elixido portavoz nacional de Anova o pasado mes de marzo dando a substitución a Beiras e Martiño Noriega, quen abandonou o seu posto de coportavoz para centrarse na Alcaldía de Santiago.

ACTOS POR SEPARADO

Do mesmo xeito que Anova, o resto de partidos do panorama nacionalista e da esquerda rupturista galega preparan os seus propios actos para este 25 de xullo. Así, o BNG abanderará a tradicional manifestación que cada Día de Galicia percorre as rúas da capital galega.

Tamén En Marea prepara un acto "propio" acorde coa súa "ideoloxía", segundo avanzou a Europa Press o seu portavoz, Luís Villares, á espera de concretar os detalles do mesmo. Pero á súa vez, as organizacións vinculadas ao partido instrumental terán as súas celebracións.

E é que non só Anova ten os seus propios actos. Tamén Podemos Galicia prevé celebrar o 25 de xullo desde unha perspectiva propia "en clave feminista" e Esquerda Unida prepara a súa celebración, cuxos detalles concretará esta semana.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cheira te pega

Beiras é un experto en unidades, el sempre estivo por unir. Agora vailles explicar a Bildu e as CUP que teñen que integrarse nos chiringos podemitas.