Temas: GOOGLE

Google remapea Galicia

Nestes días os galegos poderán cruzarse nas rúas cos coches que toman as imaxes para Google Street View. Automóbiles e traballadores cargados con voluminosas mochilas, como a que se puido ver estes días polo centro peonil de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/07/2017 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Na súa web oficial, Google Street View indica que estará a mapear as catro provincias do país até outubro de 2017, como parte dunha campaña centrada no norte peninsular.

Realizando un mapeo cunha mochila Trekker de Google
Realizando un mapeo cunha mochila Trekker de Google | Fonte: Monte Pindo

 

Na actualidade o visor a pé de rúa non ten cuberto todo o país.  Os baleiros máis importantes están no Macizo Central, Courel, Ancares, Serra do Candán e Mariña Oriental. Incluso nas periferias das grandes cidades moitas das estradas e rúas aínda non están nesta fotografía cuasi-universal do poderoso xigante norteamericano.

 

A compañía non detalla se incluirá novas zonas ou se só actualiza as que ten no seu catálago, actulizacións que fai cada poucos anos. Con todo, este ano cubriu novas zonas, como o Monte Pindo.

 

Temas: GOOGLE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta