Catro meses de prisión e 20 sen carné por condución temeraria para o kamikaze ebrio detido en Caldas (Pontevedra)

O Xulgado de Instrución Número 1 de Caldas de Reis (Pontevedra) condenou a catro meses de prisión e 20 meses sen carné ao condutor kamikaze detido o pasado venres tras conducir varios quilómetros en sentido contrario pola autoestrada AP-9 e dar positivo no control de alcoholemia.

PONTEVEDRA | 19/07/2017 | Actualizada ás 11:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución Número 1 de Caldas de Reis (Pontevedra) condenou a catro meses de prisión e 20 meses sen carné ao condutor kamikaze detido o pasado venres tras conducir varios quilómetros en sentido contrario pola autoestrada AP-9 e dar positivo no control de alcoholemia.

Segundo informaron fontes xudiciais, tras o xuízo rápido celebrado o martes en Caldas, J.L.F.T., de 58 anos e veciño de Outes (A Coruña), foi condenado a catro meses de prisión e 12 sen carné por un delito de condución temeraria. Non entanto, a pena de cárcere quedou suspendida ao non ter antecedentes.

Ademais, foi condenado a oito meses máis sen carné e 32 días de traballos a favor da comunidade por condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, segundo engadiron as mesmas fontes xudiciais.

Ás 3,55 horas do venres pasado a central Cota do Subsector de Tráfico de Pontevedra recibiu varias chamadas telefónicas nas que se informaba da circulación dun turismo en sentido contrario ao estipulado pola autoestrada AP-9 sentido sur (cara a Tui), á altura do quilómetro 83.

Por iso, desprazáronse a esa vía patrullas do Destacamento de Santiago e Pontevedra, unha das cales localizou no quilómetro 111,800 da AP-9, ao seu paso por Caldas de Reis, ás 4,15 horas, ao condutor kamikaze, J.L.F.T., de 58 anos.

POSITIVO

O individuo conducía un turismo Volkswagen Scirocco, que circulaba sentido Tui polos carrís destinados ao tránsito cara á Coruña, segundo destacou a Garda Civil.

O condutor foi sometido ao control de alcoholemia no que obtivo taxas de 0,78 e 0,76 miligramos de alcol por litro de aire expirado, en senllas probas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta