Temas: FRAGA

O PPdeG homenaxerá a Fraga polo seu "galeguismo aberto"

Critica as "fantasías independentistas e nacionalistas" e a Beiras e Anova por traer a Galicia a representantes de Bildu e das CUP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2017 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O PPdeG celebrará este ano o Día de Galicia realizando unha ofrenda floral na localidade lucense de Vilalba en homenaxe ao "galeguismo aberto, centrado e responsable" do fundador do partido, Manuel Fraga Iribarne, fronte ás "fantasías independentistas e nacionalismos que copian ao populismo".

Miguel Tellado homenaxe a Manuel Fraga
Miguel Tellado homenaxe a Manuel Fraga | Fonte: Europa Press

Así o anunciou o secretario xeral, Miguel Tellado, que apuntou que a ofrenda terá lugar este venres, día 21, ante o busto de Manuel Fraga na súa vila natal e que nela participarán, ademais del, o presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, a presidenta provincial, Elena Candia, e o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy. O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, non poderá acudir por "problemas de axenda".

Con este acto, o PPdeG continúa co seu proxecto de aproveitar o Día de Galicia para "honrar a figuras" que consideran "clave" na "construción" da identidade galega e que "contribuíron a facer de Galicia" o que é hoxe en día.

"Nos tempos que vivimos, de fantasías independentistas e nacionalismos que queren copiar aos populismos, resulta máis necesario que nunca reivindicar un galeguismo aberto, cordial, centrado e responsable", dixo Tellado, que apostou por unha ideoloxía como a de Manuel Fraga, que "sexa capaz de mirar ao exterior" en lugar de "encerrarse" e que "non busque a confrontación, senón a cooperación cos territorios".

Para Miguel Tellado, hai "moitos máis galegos" que se identifican cos posicionamentos e figura de Fraga Iribarne que os que se sitúan xunto a "as persoas ás que homenaxearán outros partidos".

Neste sentido, mencionou a Anova e Xosé Manuel Beiras, que "traerán aos seus amigos da CUP e de Bildu para tentar copiar a algo tan pouco relacionado cos intereses dos galegos como o secesionismo vasco e catalán".

Tellado aventurou que "haberá moita xente que nalgún momento apoiou ás Mareas de Podemos" que "non debe estar conforme con que no seu partido se dividan entre os que o seu único interese é aventurarse en proxectos separatistas e os que o seu único interese é converterse en tresmileuristas, despois de tentar ter chofer e secretaria no canto de traballar por Galicia e polos galegos".

En contraposición, o PPdeG aposta por "parecerse á Galicia real, traballar por ela e seguir honrando aos que traballaron por ela antes", como é o caso de Manuel Fraga.

Temas: FRAGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

9 Bisbardos

Hay mejores maneras de honrar lo bueno de Fraga, que lo tuvo, y así fue reconocido por los gallegos, que lo votaron más que a ningún otro político de la historia de Galicia. Pero el "galleguismo" de Fraga fue simplemente el caciquismo de toda la vida, algo transversal a la política gallega. Porque lo cierto es que todos los "galleguistas" fueron siempre auténticos caciques rurales, muy interesados en que ninguna ley o nadie "de fora" les dijera como había que hacer las cosas en su cacicato.

8 Pitusa

Fala Tellado de querer cobrar da política . Podes explicar en que traballaches ti, fóra da política?

7 Bejarano

Si homenaxea a Franco, tamén pode homenaxear a Fraga

6 Gamela

É lástima que non fagan a OFRENDA na chamada Cidade da Incultura último proxecto megalómano do cabezón autoritario que fixo de Galicia a súa finca particular! Claro que algúns siguen vivindo no Mausoleo da Incultura bárbaramente !!!

5 Penando

Hai mucha gente viviendo por ejemplo gracias a la revitalizacion del Camino de Santiago impulsada por el conselleiro Vazquez Portomeñe. Y vosotros los de En Marea predicais mucho pero no veo yo que progresen las ciudades que gobernais. Hai que trabajar mas y no dar tantos sermones apocalipticos condenando a todos los que no pensais como vosotros.Ademas en Podemos teneis a Vestrynge que fue su segundo en una epoca.

1 comunista independentista

Fraga foi un a-sa-si-no sustentado por un réxime caciquil clientelar e os do PP sodes uns cri-mi-nais, la-dróns e co-rrup-tos. Máis nada, rata española.

2 Ana

Kollona, mudaches outra vez de nick? E agora en castelán? Mais o cheiro a raposa anti-Mareas de Podemos non hai quen cho tire. Fedes a bravío! E falando de predicar e facer o contrario, moito me lembro daquela campaña do teu admirado Vázquez Portomeñe, "fálalle galego" dirixida aos pais, mentres o conselleiro lles falaba aos seus exclusivamente en castelán. O modelo do ministro franquista deu para vivir e alimentar moitas ratas, aínda por destapar e por exterminar algunas... Mira de non caer nunha ratoeira!

3 Penando

Anda que de esos tienen tus defendidos muchos. Tu no paseas mucho por ciertas ciudades...

4 Penando

Por cierto no se quien eres pero pena me da que odies tanto. Pobrecito debe de ser terrible ser tu.

5 Ana

Raposa, o meu odio ás ratas non é maior que a túa obsesión coas Mareas de Podemos (se foras capaz de ler, de vagar, ollarias que igual non son os meus defendidos).