O PPdeG acusa ao PSOE de dar "bandazos ideolóxicos" e defende "non interferir" na investigación xudicial

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou este mércores ao PSOE de dar "bandazos ideolóxicos" en relación á investigación política do accidente de Angrois, á vez que defendeu que esta comisión teña lugar "unha vez que conclúa o proceso xudicial" para "non interferir".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2017 | Actualizada ás 14:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou este mércores ao PSOE de dar "bandazos ideolóxicos" en relación á investigación política do accidente de Angrois, á vez que defendeu que esta comisión teña lugar "unha vez que conclúa o proceso xudicial" para "non interferir".

Así analizou Miguel Tellado a decisión do PSOE de rexistrar unha petición para a apertura dunha comisión de investigación de carácter político no Congreso dos Deputados sobre o accidente ferroviario de Angrois, que materializou este mércores.

"Xa non nos sorprende o cambio de opinión do novo PSOE do señor Pedro Sánchez, inmerso en constantes bandazos ideolóxicos e acomplexado ante Podemos", dixo Tellado, que acusou aos socialistas de "dicir unha cousa pola mañá e outra pola tarde" en cuestións como a catalá.

A única "incógnita" para os populares en relación a esta cuestión é "saber canto tempo van manter a nova postura con respecto a Angrois", dada a "incoherencia" do Partido Socialista "durante estes meses", que foi "clara e evidente".

UNHA VEZ CONCLÚA A INVESTIGACIÓN XUDICIAL

En canto á postura do PP, Miguel Tellado dixo que os populares son "partidarios de facer unha investigación unha vez que se conclúa o proceso xudicial" e non "mesturalo todo".

"Nós cremos que o que non hai que facer é interferir no proceso xudicial que está en marcha e que o lugar para facer esa investigación, de facerse, é o Congreso dos Deputados", subliñou o secretario xeral dos populares galegos, que reiterou o apoio da formación ás vítimas e aos seus familiares "Non acepto que nós non apoiemos aos familiares das vítimas, porque o noso respaldo estivo desde o minuto un", resolveu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta