Así decora a prensa galega a súa caída de audiencia

Publicouse a última onda do EGM e as cabeceiras galegas volvéronse a encher de titulares triunfalistas que agochan unha realidade moito máis gris, con descensos de entre o 5% e o 50% nos últimos anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“La Voz se convierte en el tercer periódico de España con mayor número de lectores" , dicía o xornal coruñés. “El EGM confirma a Diario como el líder absoluto de la prensa en Pontevedra”, titulaba Diario de Pontevedra.  Eses son só dous exemplos, pero no resto da prensa poden lerse titulares no mesmo sentido. Ser son certos, pero tal triunfalismo non soporta o escrutinio dos datos. 

Cabeceiras de prensa galega
Cabeceiras de prensa galega | Fonte: kiosko.net

 

Así, en termos interanuais, unicamente hai unha cabeceira que medrou. Diario de Ferrol, que pasa de 15.000 a 18.000 lectores. Con todo, é un xornal que vén de perder case a metade da audiencia de hai tres anos.

 

Do resto, comparando esta onda (2ª de 2017) coa equivalente do ano pasado (2ª de 2016) casi todos perden difusión: La Voz (-23.000), Faro (-22.000), El Progreso (-2.000), La Región (-3.000), Diario de Pontevedra (-9.000), Atlántico Diario (-3.000), Deporte Campeón (-6.000) e Diario de Arousa (-2.000).

Evolución do consumo de diferentes medios
Evolución do consumo de diferentes medios | Fonte: avante comunicación

 

Para El Correo, El Ideal Gallego e La Opinión queda o consolo de ficar como estaban, nin soben nin baixan difusión.

 

Se miramos algo máis atrás no tempo os datos son aínda peores. Comparando coa onda equivalente de 2013, La Voz perde 32.000 lectores (-5,4%), Faro 39.000 (-15%), El Progreso 5.000 (-5,3%), La Región gaña 1.000 (+1,1%), El Correo Gallego perde 5.000 (-6,4%) , La Opinión 5.000 (-13%), Diario de Pontevedra 12.000 (-26%), Diario de Ferrol 8.000 (-48%), El Ideal Gallego 16.000 (-51%), Atlántico Diario 3.000 (-21%) e Diario de Arousa 6.000 (-50%).

 

En definitiva, as comparativas tanto a curto prazo, cos datos de hai un ano, como a medio prazo, cos datos de hai catro anos, indican que os xornais en papel seguen en declive, por máis que se afanen en tentar convencer aos lectores do contrario. Se se fixera a comparativa cos EGM de antes da crise os datos serían, loxicamente, aínda máis desoladores.

 

Este retroceso evidénciase nas respostas sobre o consumo de tipos de medios. Os diarios continúan en retirada, pasando de case o 42% ao 40% dos entrevistados. Polo contrario, Internet segue a disparase, pasando nun só ano do 58% ao  65%, cun increcemento de 154.000 galegos nun só ano. 

 

Tamén é considerábel o crecemento da publicidade exterior, que sobe case 10 puntos nun só exercicio. A raíña, aínda que sufrindo desgaste, segue a ser a televisión pois o  86% dos galegos entrevistados di vela. 

Evolución da prensa galega no segundo EGM dese ano comparado co segundo de 2016
Evolución da prensa galega no segundo EGM dese ano comparado co segundo de 2016 | Fonte: avante medios
Temas: MEDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 anonimo

Lois Blanco causou bastante polémica interna ao dicir nunha reunión de altos cargos que "sobrará moita xente de todos os departamentos" cando poña en marcha este outono a integración dixital de toda a redacción de La Voz de Galicia.

2 Sara

A verdade, dende Vigo o unico que merece algo a pena e o Atlantico Diario. En canto o Faro de Vigo esta totalmente ve dido entregado a alcaldía....

1 Braisiño

Non importa. Hai diñeiro público de abondo para paliar a ruina dos Xornais "desinformadores" galegos. Feijoo merca, con diñeiro de todos, noticias "favorables" ao PP, pese a súa nefasta xestión desde 2009. ¿Non hai ningún xuíz que pare esta corruptela?.

1 Pperoquedis

Si, por iso gaña por maioría e os vosos que son todos tan fantásticos nin todos xuntos acadan a botalo. Ala a durmir.