Temas: A CORUñA PORTOS

Verdegaia alerta das irregularidades e do sobrecusto detectado nas obras do Porto Exterior

Os ecoloxistas enarboran varios informes de tribunais contables públicos, tanto do Estado como da UE, para cualificar a Punta Langosteira de un dos "casos máis escandalosos de malgasto de diñeiro público”. Van 1.000 millóns, e cómpre máis para que sexa operativo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/07/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Nun duro comunicado, Verdegaia, lembra que esta primavera, o Tribunal de Cuentas español concluíu nun informe que o orzamento inciial da obra foi de todo irreal. Polo de agora, van gastados uns 1.000 millóns de cartos públicos. 

Imaxe aérea do castro de Punta Langosteira, agora, inexistente / www.fomento.gob.es/
Imaxe aérea do castro de Punta Langosteira, agora, inexistente / www.fomento.gob.es/

Ademais, Cuentas sinalou irregularidades na xestión por parte da Autoridade Portuaria, como exceso de contratos sen publicidade e a falta de transparencia nas adxudicacións. Até unha terceira parte dos concursos foron adxudicados de xeito directo, sen libre competencia.  

En concreto, a APAC tirou de contratación directa en 35 veces, e de procedimiento negociado sen publicidade en 24 ocasións.

Así mesmo, o Informe sinala outras irregularidades como, por exemplo: a adxudicación de 11 contratos de maneira directa a un mesmo contratista, ás súas filiais ou en UTE, na maioría de casos sen solicitude doutras ofertas, ; e a contratación dun catedrático da Universidade de Aalborg e as súas empresas polo procedemento de adxudicación directa ata en 14 ocasións, o que indica un fraccionamiento do contrato. Dous dos contratos non foron formalizados e responden ao mesmo estudo.

Por outra parte, Verdegaia lembra que no Oano 2013, o Tribunal de Contas da UE cuestionou a eficacia da obra, por carecer conexións coas principais vías de comunicacións. A día de hoxe, as conexións co tren e a autopista son meros proxectos en papel.

Vista do porto exterior da Coruña
Vista do porto exterior da Coruña

O ente fiscalizador comunitario preveu que habería que facer máis investimentos significativos ou simplemente Punta Langosteira non valerá para nada.  Durante 2016 a UE censurou noutra auditoria o investimento innecesario no proxecto.

Son, polo tanto, varios os contables públicos que atoparon serias eivas en Punta Langosteira. Ante isto, Verdegaia sinala agora que estamos diante da “crónica dun desastre anunciado”, dunha “desvergoña” pois “o porto exterior da Corunha tem-se convertido na obra mais cara de Galiza e ainda nom está claro que poda acabar-se, mas sim sabemos que nom conta nem contará com mercado para funcionar a pleno rendimento. 

Temas: A CORUñA PORTOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

outra obra faraónica da que non temos información algunha é a EDAR do Lagares en Vigo. estamos fartos de pedir información sobre a certificación das augas que emite a EDAR logo de gastar máis de 180 millóns sen que ninguén responda se esta obra é algo máis que gastar no formigón da constructora OHL https://twitter.com/Gamela2017/stat...