Temas: INCENDIOS

Denuncian que as cuadrillas contra incendios funcionan con tres, dous ou ata un integrante

A CIG critica a “improvisación” e escaseza de medios no operativo contra incendios.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/07/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A CIG denuncia a falta de medios e a “total improvisación” da Consellería do Medio Rural no que atinxe ao operativo humano integrado no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta.  Así, asegura que algunhas cuadrillas están só integradas por tres, dous ou ata unha persoa.

Un brigadista loita contra o lume no Xurés
Un brigadista loita contra o lume no Xurés

A Xunta suliñou que o Plan de Incendios Forestais de Galiza (PLADIGA) está activo na súa totalidade (operativo de 7.000 persoas) dende o día 1 de xullo, data na que deu comenzo a campaña de alto risco de incendios forestais dacordo coa Orde do 15 de xuño de 2017, publicada no Diario Oficial de Galiza  do 21 de xuño. Pero para a CIG, esta afirmación “é totalmente falsa”, xa que ata o día 14 de xullo os traballadores e traballadoras da empresa pública SEAGA destinados a labouras de extinción non deron comenzo a súa actividade laboral. 

“Tampouco nos esquecemos das cuadrillas forestais contratadas polos propios concellos, que en moitos deles non teñen previsto facer contratacións polo feito das exixencias impostas pola propia administración autonómica e, que aínda así constan nos cadros de persoal do propio PLADIGA 2017”, denuncia este sindicato.

Así, critica que moitas das cuadrillas forestais da Xunta están a traballar con un, dous ou tres componentes, polo que “merma o operativo contra incendios, da mesma maneira que pon en risco a vida dos propios traballadores e traballadoras”. Por iso, reclama contratacións temporais para solventar este problema. “Están a producirse circunstancias no operativo contra incendios no que bombeiros forestais son incorporados xunto cos conductores de motobombas pola falta dun responsábel na cuadrilla forestal, deixando  a súa zoa de actuación sen medios para combatir os incendios forestais”, indica. 

Deste xeito, considera que hai unha “total improvisación” por parte da Consellería do Medio Rural no despregue de medios humanos polos diferentes distritos forestais que integran o SPDCIF. “Ante este preocupante panorama e, coa apertura da campaña de alto risco no SPDCIF, dende CIG exiximos a inminente contratación de bombeiros forestais para paliar a diminuación de medios en moitos dos distritos forestais e desta volta aminorar os perxuizos que puidera producir os incendios forestais na comunidade autónoma galega”, advirte.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta