Temas: EDUCACIóN CIG

Denuncian que o ensino público perde 30 profesores tras o peche de varios centros

O principal sindicato do ensino alertou esta mañá das consecuencias da clausura de varios centros de ensino decretada a última hora. Coa decisión da Consellería de Educación, “31 profesores/as quedarán sen emprego”, di a CIG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/07/2017 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Para a central esta é a máis optimista das cifras. A CIG cre que as prazas perdidas poderías chegar a 35 en función de como se reoganice o Catálogo de Postos de Traballo.

Cruceiro de Roo (Outes) mobilízase contra o peche do CEIP Emilio Navasqües
Cruceiro de Roo (Outes) mobilízase contra o peche do CEIP Emilio Navasqües | Fonte: Pilar Aymara.

Segundo a central, a situación por concellos será a seguitne:

As Pontes

Pérdese 1 posto de PT do corpo de mestres na ESO e están no aire dous postos a maiores de PT que desde a CIG demandamos que se manteñan.

No caso de profesorado se secundaria pérdense 6 postos de traballo. O traslado de ensinanzas vai implicar unha masificación nas aulas do IES Moncho Valcárcel, xa que das 4 aulas existentes no CPI que agora pecha só se incrementará 1 aula no outro centro pontés.

O Porriño

Hai un total de 6 postos de traballo que se perden co traslado das ensinanzas do CPI ao IES do Ribeiro.

Ribadavia

Os efectos do cambio das ensinanzas da ESO vai implicar a eliminación de 16 postos de traballo, 2 deles do corpo de mestres e 14 no profesorado de secundaria, 9 deles que proveñen do CPI e 5 postos con destino provisional no centro receptor.

No referido a Serra de Outes, onde se pechou un CEIP, non hai polo de agora cambios no volume de profesorado. Con todo, a CIG sospeita que a Xunta suprimirá aulas unha vez consolidado o traslado e desmobilizados os que protestan contra el.

Temas: EDUCACIóN CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta