17º Ribeira Sacra, algo máis ca un festival

Música, viño, gastronomía e patrimonio os días 28, 29 e 30 de xullo en diferentes localizacións da Ribeira Sacra.

Por X.M. Fernández | Sober | 20/07/2017 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O punto de partida ou eixo que vertebra todo é un festival de música en directo, e ao redor del desenvolveranse diferentes actividades nas que o viño, a gastronomía e o patrimonio toman tamén protagonismo. Un proxecto vinculado á contorna na que se desenvolve, que busca a harmonía e interacción entre os valores que a caracterizan e que este ano celebra a súa primeira edición.

Iván Ferreiro. Fonte: I-Radia Crea
Iván Ferreiro. Fonte: I-Radia Crea

Os concellos de Sober e Monforte de Lemos acollerán o 17º Ribeira Sacra e as actividades a realizar durante o día están localizadas en diferentes parroquias do concello soberino: Doade, Amandi, Santiorxo, Lobios e Gundivós, mentres que as actividades de noite serán no exterior do Parador de Monforte o sábado 29 de xullo.

Por medio dun abono os interesados terán acceso aos concertos que teñen lugar en dúas adegas colaboradoras así como tamén ao 17º Ribeira Sacra Noite en Monforte. O devandito abono non inclúe os concertos a realizar en lugares de aforo máis reducido como o catamarán, a Igrexa de San Xillao de Lobios ou o xantar concerto na Reitoral de Gundivós.

Entre os artistas que participan neste evento podemos atopar a Iván Ferreiro, Novidades Carmiña, Sumrrá, M. Ward, The Magic Numbers, Ángel Stanich, The Wellgreen, Virginia Maestro, Os amigos dos Músicos, Germán Díaz, Los Árboles, Best Boy e Pardo.

Para estar ao corrente da programación e actividades que promoven teñen información detallada nas redes sociais e na web do propio festival.

Canon do Sil
Canon do Sil | Fonte: . I Radia Crea

A promotora do evento é a empresa galega I-radia Crea e conta con apoio institucional e privado. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta