Temas: XACOBEO XUNTA

A Xunta crea unha comisión do Xacobeo 2021 para que “ninguén vaia por libre”

Di que o obxectivo é "consolidar Galicia como un destino turístico, espiritual e económico" e destaca que a prioridade é "poñer a imaxe da comunidade a nivel nacional e internacional".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2017 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non quere que "ninguén vaia por libre" durante a organización do Xacobeo 2021, o gran evento turístico de comezo da vindeira década para Galicia. Un aviso que ía especialmente dirixido ao Concello de Santiago.

Camiño de Santiago
Camiño de Santiago

Por iso, anunciou a creación da comisión organizadora para o Xacobeo 2021 co obxectivo de aproveitar os anos que faltan para a cita e lograr que o próximo Ano Santo sexa "o mellor da historia" de Galicia. Unha comisión da que el mesmo será o presidente e na que tamén estará integrado con voz e voto o Concello de Santiago, "que pode ser na figura do seu alcalde". Ese órgano terá un vicepresidente primeiro, que será o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e unha vicepresidenta segunda, que será a titular de Turismo, Nava Castro.

Así, o anunciou o máximo mandatario autonómico na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta onde explicou que xa se iniciaron os trámites para que "no menor tempo posible" estea a funcionar este órgano que dará "estabilidade e permanencia" para preparar o Xacobeo traballando "de forma coordinada e conxunta".

unha oportunidade histórica que é necesario preparar sen dilación", dixo. Por iso, esta comisión aspira a coordinar o traballo das distintas administracións "para que ninguén vaia por libre". Entre os asuntos a abordar estará, por exemplo, a aprobación do plan estratéxico.

Outros membros da comisión

Dentro desa comisión de traballo tamén estara un membro do Arcebispado de Santiago, da Delegación do Goberno e un representante dos concellos galegos por onde pase o Camiño que será designado pola Fegamp. Este órgano estará adscrito á propia Presidencia da Xunta.

Catedral de Santiago
Catedral de Santiago | Fonte: periodistadigital.com

"O ano 2021 será un revulsivo para consolidar Galicia como un destino turístico, espiritual e económico e por iso é importante poñer a imaxe da comunidade a nivel nacional e internacional", indicou ao destacar a importancia desta data.

Neste sentido, aventurou que o Xacobeo 21 pode marcar "un novo récord" xa que lembrou que o de 2010 foi austero debido "á fonda crise económica". "Por iso, este pode ser moito mellor", avanzou, "un dos grandes eventos da historia de Galicia".

Temas: XACOBEO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galegoexiliado

Moi vien moi vien moi vien. Aló po vinteun todos perroflautas, curas ou taberneiros. A industria, que contamina e está chea de roxos, po norte do Portugal. E digo eu que desta volta concederannos o control do camiño de santiago, ¿ou era a AP9?

1 Gamela

poderían meter este novo chiringuito nalgún recuncho da Cidade da Incultura para seguir xustificando as obras de limpeza de herbas das cubertas do mausoleo... e se tal que os peregrinos queimen as súas roupas naquela fochanga de formigón sen rematar que así tería algún uso coma Nova Cruz dos Farrapos e de paso deixarían tranquilos aos veciños de Fisterra !!!