Detido un home por malos tratos á súa parella na Coruña

Axentes da Policía Local da Coruña detiveron a un home de 32 anos por malos tratos á súa parella, quen explicou que solicitara anteriormente axuda por violencia machista pero nunca denunciara.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2017 | Actualizada ás 15:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local da Coruña detiveron a un home de 32 anos por malos tratos á súa parella, quen explicou que solicitara anteriormente axuda por violencia machista pero nunca denunciara.

Segundo informou a Policía Local, ás 1,15 horas do 16 de xullo unha dotación foi requirida para que se trasladase á zona dos Mallos, onde un home estaba a vociferar á súa parella desde a xanela da súa vivenda, mentres a muller choraba na rúa.

No lugar, a patrulla entrevistouse coa muller, que estaba acompañada dun amigo, que explicou que sufría malos tratos por parte da súa parella e solicitara axuda, a través do 112, en dúas ocasións, aínda que nunca chegou a presentar denuncia.

Nesta ocasión, comezaron a discutir e a súa parella chegou a agredila e a tirarlle o teléfono móbil. Nese momento, a muller, explicou, fixo as maletas e tratou de irse da casa, momento no que se produciu un forcexeo entre ambos, ata que a muller logrou saír do domicilio, aínda que sen as súas pertenzas.

A patrulla subiu ata a vivenda para entrevistarse co presunto agresor, e para que a muller puidese recoller as súas pertenzas, indican as mesmas fontes policiais.

O home, de 32 anos, "cunha actitude desafiante", destaca a Policía Local, admitiu que discutira coa súa parella, polo que a patrulla procedeu á súa detención e traslado aos calabozos, onde quedou a disposición xudicial.

A muller, que presentaba arañazos no pescozo, foi trasladada a un centro médico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta