Temas: PORTUGAL

A Academia Galega de Língua Portuguesa, novo membro consultivo da Comunidade de Países de Língua Portuguesa

É a primeira vez que unha entidade galega entra a formar parte deste grupo que impulsa a lingua e a cultura lusófonas.

Por Galicia Confidencial | Brasilia | 21/07/2017 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

A Academia Galega de Língua Portuguesa (AGAP) acaba de ser nomeada como membro consultivo da Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP). Unha decisión que se adoptou na XXII Reunión Ordinaria do Consello de Ministros deste organismo que tivo lugar en Brasilia este xoves.

Mapa dos países da CPLP
Mapa dos países da CPLP

O encontro contou coa participación dos ministros dos Negocios Estranxeiros e das Relacións Exteriores, ou seus representantes, da República de Angola, da República Federativa do Brasil, da República de Cabo Verde, da República da Guinea-Bissau, da República da Guinea Ecuatorial, da República de Mozambique, da República Portuguesa, da República Democrática de San Tomé e Príncipe, da República Democrática de Timor-Leste, e da Secretaria Executiva da CPLP.

A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) é unha organización integrada por países lusófonos, que promove a alianza e a amizade entre os signatarios.  Realiza unha Conferencia dos Xefes de Estado e de Goberno cada dous anos que estuda as prioridades e os resultados da CPLP. O plano de acción é tomado polo Consello dos Ministros dos Negocios Estranxeiros e Relacións Exteriores, que se celebra anualmente. 

Galicia e Macau

Xunto a AGAP foi nomeada como membro consultivo a Universidade de São José de Macau. Precisamente, Galicia e Macau levan anos ás portas de ter representación neste órgano. En Galicia, a AGAL pide desde hai tempo que algunha institución galega sexa aceptada como membro de pleno dereito da CPLP, ou polo menos como observadora.

Tamén os gobernos de Guinea Ecuatorial e Mauricio, a pesar de falar outros idiomas, buscaron obter o estatuto de Observador da CPLP. Na VI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno, realizada en Bissau en xullo de 2006, Guinea Ecuatorial e Mauricio obtiveron o estatuto de Observador Asociado. De feito, Guinea Ecuatorial decidiu en 2007 adoptar o portugués como lingua oficial para ascender plenamente ao estatuto de membro permanente da Comunidade nun futuro próximo.

Temas: PORTUGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 José Goris

Parabéns a AGLP e sobretudo parabéns GaliZA

3 exlusista.

Portugal é un estado imperialista, e ten os seus ollos postos en Galicia. O lusismo é todas esas cousas non teñen ningunha base histórica, a maioria das cousas que queren cambiar no galego, nin son castelanizacións, nin existían na idade media.

1 Opolbomanco

Outro ex? Xa estamos acostumados aos ex_bng, ex_galeguista...Cándo haberá algún que diga que é ex_Gabicho? Ai non, que a isos nunca se lles vai o metílico! Totalmente de acordo en que o idioma galego teña posibilidade económica nun concerto meirande de linguas semellantes. Pola outra banda, calquera pode ollar a folha de SP por internet e ver a BASE.

2 Mauricio

Como galego de identidade nacional, admito que falo unha lingua variante doutra máis grande e que saindo do mesmo parto, non foi influenciada polo castelán por razóns estritamente políticas. Esa nosa lingua no mundo chámase português, como podia chamarse doutra maneira. Así llo escoitei a Camilo Nogueira e máis que falaron no Parlamento Europeu a lingua do noso territorio.Pois moitos parabéns para a Academia Galega da Lingua Portuguesa, que eu nin sabia que existia. Algo se move en Galiza.

1 Grateado

Parabéns de un galegofalante-RAG! Aínda que non son lusista no sentido máis purista da palabra, todo achegamento posible á comunidade internacional lusófona é sempre unha boa nova. Parabéns