Personaxes de Star Wars visitarán Monforte

O FanCine de Lemos, a celebrar do 27 ao 30 de xullo, chega á súa 4ª edición con moitas novidades.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 22/07/2017 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Co gallo do 40 aniversario de “Star Wars, una nueva esperanza” a organización deste festival de cine fantástico de Monforte decidiu renderlle unha pequena homenaxe. Primeiro foi xa no propio deseño do cartel deste ano e despois co desfile que terá lugar o sábado 29 a partir das 18.30 h. polas principais rúas da capital da Ribeira Sacra con máis de 20 personaxes da Tropa Imperial.

Cartel FanCine de Lemos
Cartel FanCine de Lemos

Haberá varias exposicións permanentes dedicadas ao ilustrador Nando Vázquez, o artista plástico Josef Méndez e o fotógrafo Gana Indrani, pero a guinda a este gran cóctel artístico correrá a cargo do ilustrador Mo caró, un porta-dista con trazo espectacular e toque vintage dos 80. O venres 28 a partires das 19.00 h. hai programada unha charla con el sobre cartelismo e cinema.

As sesións oficiais de curtametraxes serán na Casa da Cultura Lois Pereiro os días 27, 28 e 29 a partir das 20.30 h. e as longametraxes os días 27 e 28 no Parque dos Condes a  partir das 22.00-22.30 h. Outra novidade para esta edición, levar o cinema ao aire libre e aproveitar o pequeno anfiteatro que hai no devandito parque, lugar onde tamén terá cabida a música ao remate dos pases cinematográficos.

E para o domingo 30, último día do festival, está programada a “Fantafesti” na que os protagonistas serán os novos valores monfortinos. Na Casa da Cultura a partir das 19.30 h. farase o pase de “Olvidados”, curtametraxe realizada e guionizada por alumnos dos Escolapios, e “Send Them to the Slaughterhouse”, dirixido por Anabel Soto, talento monfortino tamén e xa ás 20.30 h repetición das curtas gañadoras da sección oficial.

Como colofón a este festival, no Multicines Hollywood ás 23.00 h. poderase ver o filme de Billy O’Brien “I am not a serial killer”.

Promo FanCine
Promo FanCine

A gala de apertura será o xoves 27 ás 19.30 h. e a de clausura o sábado 29 ás 22.30 h. na Casa da Cultura. Haberá dous puntos de información e entrega de entradas situados na Rúa Cardeal e na Praza España.

III Desfile Imperial de Star Wars en Santiago
III Desfile Imperial de Star Wars en Santiago
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta