GC Aberto
Temas: FRANCO PP

Os usufructuarios do franquismo

Observante coa súa condición protectora e de complicidade co antigo réxime, a extrema dereita española lonxe de actuar por libre, por coincidente afinidade, continúa encapsulada no franquismo do PP

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 22/07/2017

Comparte esta noticia

O martes último, 18 de xullo, cumpríronse   81 anos do golpe militar que deu ao traste  coa II República Española e co Estado democrático e de dereito que esta instaurara.

Manuel Fraga cando era ministro de Franco
Manuel Fraga cando era ministro de Franco

Tal é así, que ao día de hoxe continúan impunes os xuíces  que arbitrariamente condenaron, aqueles que    exercendo cargo político  aprobárono  , como tamén, os que voluntariamente  foron membros  dos piquetes de execución daqueles asasinatos "legais"; e todo,  como consecuencia  dunha planificada obstrución por parte do aparello do Estado a calquera posibilidade de xulgar o franquismo e os seus excesos, ata o extremo que as vítimas ante    o desamparo,  non tiveron mais remedio  que recorrer en defensa dos seus dereitos a instancias internacionais.

Neste contexto a ninguén nos seus cabais debe estrañar  que no transcurso  dos últimos anos , de forma reiterada, o noso país fose apercibido  por Nacións  Unidas polo seu belicoso  comportamento  para con con  os represaliados polo franquismo, pola xeneralizada impunidade e o  rexeitamento para reaccionar fronte tales atropelos.

Sempre dando a nota  e aparentando o que  non somos, ata raiar no ridículo de erixirse    en adaíles do cumprimento dos dereitos humanos en países como Venezuela, ao tempo de exercer como transgresores das nosas normas xurídicas máis esenciais.

.Que o PP como  dereita herdeira, familiar, social e ideolóxica, do franquismo, ostente o poder do Executivo, nada axuda  a corrixir  a actual situación de deterioración, pois os seus vínculos de dependencia lle coartan para promover a acción da xustiza  en razón á  impedimento que representa a súa condición  de protector  e cómplice do antigo réxime.

Por mais que se disfracen de liberais, a dereita deste país é  antidemocrática  e con veleidades fascistas, así o testifica  polo menos a súa  defensa pechada   daquel réxime de 1939, e a súa adhesión  á  corrupción , tan  sinónima do franquismo  como inseparable do mesmo ; outra das herdanza recibidas,   que por xeneralizada implicación  ademais de seguir beneficiando ao  mesmo conglomerado empresarial que  prosperou  á súa sombra, sexan  hoxe  quen  á súa antollo continúan manexando as rendas da economía e favorecendo a  proliferación de casos de corrupción  e degradación política

É imprescindible xa que logo,  para a saúde democrática do país,   que o conxunto das institucións  do Estado, en primeira instancia as xudiciais,  afronten  como propia o cumprimento da acción da xustiza,  para que dunha vez por todas  o  actual situación de degradación  teña os días contados

Temas: FRANCO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta