Galicia, na loita polos metais

Ana Peleteiro, Solange Pereira, Belén Toimil, Saleta Fernández e Lidia Parada, en categoría feminina, e Jean Marie Okutu, Frank Casañas e Alfonso Palomanes en masculina, principais opcións entre os 42 atletas galegos presentes no Campionato de España de atletismo en Barcelona.

Por gcdeportes | Compostela | 22/07/2017 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Ata un total de 42 atletas galegos participan durante esta fin de semana na 97ª edición do Campionato de España de Atletismo que se celebra no Estadi Municipal Joan Serrahima de Barcelona. Por Federacións, Galicia será a sétima en número de atletas participantes, que encabeza precisamente a federación anfitrioa con 129. Os atletas galegos acuden ao campionato con moitas esperanzas, tanto de acadar marcas persoais como de medallas, grazas ao seu excelente estado de forma que xa se fixeron notar no campionato de Galicia.

A ribeirense Ana Peleteiro, favorita ao ouro en triplo salto.
A ribeirense Ana Peleteiro, favorita ao ouro en triplo salto. | Fonte: @rfea

En categoría feminina, na proba raíña do medio fondo, os 1.500 metros. a canguesa Solange Pereira parte con todas as pepeletas para acadar o título estatal logo da extraordinaria marca de 4:06.39 acadada recentemente na Diamond League de Rabat,  que lle supuxo o pasaporte para os Mundiais de Londres. Esther Navarrete, do ADAS-Proinor, pola súa banda preséntase cun rexistro nos 5.000 ml. de 16:19.35 que a sitúan na sexta posición do ranking nacional, polo que a loita polos metais seguro que está nos seus plans.

Claudia Rojo tomará parte tanto nos 100 valados como nos 400V, sendo nesta última proba onde tentará baixar do minuto para estar na loita por boas posicións na final. Nos saltos contaremos cas particpacións da monfortina Saleta Fernández, que en altura parte ca terceira mellor marca do ranking con 1,82, e a ribeirense Ana Peleteiro, clara aspirante ao título nacional en triplo salto grazas á marca de 14,22 m. ca que encabeza o concurso no rankin nacional.

A protagonista do Campionato galego, a mugardesa Belen Toimil, volverá ao círculo de peso ca intención de loitar polo título nacional -algo impensable ao principio de ano- logo deses históricos 17,38 m. de Pontevedra. A xavelina, sempre presente de xeito destacada no atletismo galego, contará con Lidia Parada, quen defenderá ó seu título acadado o ano pasado. Os seus 57,75 m. deste ano lle dan moitas garantías de éxito. Antía Chamosa tomará parte nos 10 kms. marcha co obxectivo de baixar dos 51 minutos e o equipo de relevos femininos do Ria Ferrol dos 4x400 tomará parte no campinato, ao que chegan ca terceira mellor marca das formacións participantes.

En canto a categoría masculina, presencia do coruñés do Riazor Carlos Moro, quen correrá os 400V co claro obxectivo de acceder á final e rebaixar a barreira dos 52 segundos. E nos concursos onde Galicia conta cas máis importantes opcións de medallas, comezando pola de Jean Marie Okutu, que na lonxitude loitará polo título nacional con Eusebio Cáceres e terá a última opción de acada a mínima para Londres; no triplo salto, Alfonso Palomanes con 16,10 este ano, defenderá o título fronte ao castellonenco Pablo Torrijos, a priori favorito que ten acreditado este ano 16.96.
Frank Casañas tentará amarrar a plata en disco, que en condicións normáis o seu rexistro de 60.05 lle garante. No martelo, interesante duelo entre Carlos Revuelta (62.66 m) e un fortísimo Nacho Fernández do Celta (62.11 m.). A xavelina permitirá presenciar ao medallista do nacional do ano pasado Manolo Uriz, que con 69,50 e o sétimo posto no ranking nacional, estará a loitar por mellorar as súas marcas. Na proba dos 10.000 marcha, presenza dos internacionais Fran Durán e Daniel Chamosa, que se achegan a Barcelona en moi bo estado de forma.

O marinense Jean Marie Okutu, ante a última opción de acadar a mínima para Londres.
O marinense Jean Marie Okutu, ante a última opción de acadar a mínima para Londres. | Fonte: @atletismogalego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta