Buscan a unha octoxenaria desaparecida en Vimianzo (A Coruña) cun operativo que incorpora drons e unidade canina

A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorporouse ás tarefas de procura dunha muller de 81 anos desaparecida en Vimianzo (A Coruña). Nada se sabe do paradoiro da anciá desde as 20,00 horas deste venres.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2017 | Actualizada ás 15:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorporouse ás tarefas de procura dunha muller de 81 anos desaparecida en Vimianzo (A Coruña). Nada se sabe do paradoiro da anciá desde as 20,00 horas deste venres.

Segundo informa o 112 Galicia, a muller saíu da súa casa, situada en Cures, sobre as 17,00 horas deste venres para dar un paseo. O seu fillo viuna por última vez ás 20,00 horas camiñando pola estrada xeral, momento no que a desaparecida indicoulle que xa ía regresar á súa casa.

A esta hora, as tarefas de procura contan coa participación do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que ten sobrevoará a zona con drones. Tamén se uniu ao operativo unha unidade canina da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia, así como varios efectivos de Protección Civil, alertados polo 112.

Ademais, un helicóptero da Garda Civil sobrevoa a zona desde primeira hora da mañá. Na madrugada xa se desenvolveu un primeiro dispositivo no que participou a Garda Civil, familiares e veciños.

O 112 Galicia tivo coñecemento da desaparición da anciá ás 8,00 horas deste sábado, a través dun aviso da Garda Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta