Os xulgados da Coruña e Vigo concentran o 85% das demandas contra os bancos polas cláusulas chan

Os xulgados da Coruña e Vigo concentran o 85% das 1.600 demandas presentadas ata o momento as unidades especiais creadas en Galicia para atender as demandas contra as entidades financeiras polas cláusulas chan, segundo informou este sábado o TSXG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2017 | Actualizada ás 17:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os xulgados da Coruña e Vigo concentran o 85% das 1.600 demandas presentadas ata o momento as unidades especiais creadas en Galicia para atender as demandas contra as entidades financeiras polas cláusulas chan, segundo informou este sábado o TSXG.

Así, das catro unidades xudiciais de reforzo creadas en Galicia, as da Coruña e Vigo recibiron 741 e 615 demandas, respectivamente, polas 258 que suman entre as de Ourense (210) e Lugo (48).

Precisamente esta última, a da capital lucense, foi a primeira en ditar unha sentenza en relación ás demandas recibidas desde a entrada en vigor do plan de reforzo a comezos do pasado mes de xuño.

No caso de cidade olívica, a metade das demandas foron xa tramitadas e as primeiras audiencias previas están sinaladas para o 4 de setembro.

Na Coruña, que conta cun xuíz e tres funcionarios de reforzo, está previsto que o 25 de setembro se celebre a primeira audiencia previa, mentres que, ese mesmo día, terá lugar o primeiro xuízo en Lugo.

AUDIENCIAS PREVIAS

Segundo sinala o Superior no seu comunicado, nestas vistas fíxase o obxecto de litixio, as partes propoñen probas e o xuíz admite as que considera procedentes para resolver o preito exposto.

No caso de que as partes propoñan só a proba documental, o asunto quedaría xa visto para sentenza e, en caso contrario, é necesaria a celebración dun xuízo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta