Freedonia presenta novo disco en Galicia

O referente do soul funk no Estado tirou de crowfunding para sacar o seu novo traballo sen depender das discográficos. Shenobi será o protagonista dun concerto no Grove.

Por Galicia Confidencial | O Grove | 22/07/2017 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A banda referente da escena nacional da música afroamericana, Freedonia, presentará o seu terceiro traballo "Shenobi" no Náutico San Vicente do Mar do Grove o 19 de agosto, grazas ao patrocinio de Son Estrela Galicia.

Freedonia
Freedonia

O seu último traballo é un dobre álbum que acaba de ver a luz con 20 temas vocais e instrumentais que soan a cru soul con orixinais incursións na música afro e outros xéneros.

Pouco despois de colgar o cartel de cheo dúas noites seguidas na presentación do disco na Joy Eslava de Madrid, Freedonia chega ao  emprazamento pontevedrés con ganas de facer vibrar ao público coa voz incendiaria de Maika Sittéque estará arroupada por oito músicos, cun directo demoledor cunha potente sección rítmica.

Freedonia dará a coñecer no Grove este  traballo . Shenobi está gravado en analóxico e de forma artesanal, como sempre fai a banda, para conseguir o seu son característico, desposuído un tanto dos rigores estilísticos e indo á tripa das cousas. 

Está editado baixo licenzas libres Creative Commons para garantir o retorno social e cultural e preséntase nos formatos CD e vinilo. Foi producido tras unha exitosa campaña de crowdfunding, na que se involucraron máis de 750 persoas, lanzada para non depender da industria tradicional e de entidades financeiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta