Todos a celebran, pero por separado: guía de actos políticos para o Día da Patria

A tradicional desunión entre os nacionalistas e as evidentes fendas dos socios de En Marea marcan a axenda deste 25 de Xullo no que PSOE, PP e Esquerda Unida evitarán a capital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2017 | Actualizada ás 23:06

Comparte esta noticia

A distancia entre as forzas da órbita nacionalista e tamén a división entre as formacións da esquerda rupturista ligadas a En Marea quedará en evidencia este martes 25 de xullo, con motivo da celebración do Día da Patria, unha data para a que, cada organización, prepara os seus propios actos. 

Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016
Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016 | Fonte: @GorettiSRei.

Na banda do nacionalismo, eonxe do escenario de 2015, cando as distintas formacións nacionalistas confluíron nunha convocatoria unitaria, na cita do próximo martes reeditaranse os actos diferenciados do pasado exercicio. Pero neste ano, o foco non só está sobre o nacionalismo, senón tamén sobre o espazo de confluencia que se xestou, como En Marea, para as últimas eleccións autonómicas.

Aínda que recoñece que tería preferido un acto unitario e aspira a poder impulsalo nun futuro, En Marea manifestou que "a posición" do BNG non é próxima a participar xunto a outras forzas políticas na marcha do Día da Patria.

Pero tamén as formacións ligadas ao partido instrumental, cuxa asemblea fundacional se celebrou pouco despois do 25 de xullo de 2016, terán os seus actos propios, salvo no caso de Cerna.

En Marea explicou que, desde a coordinadora, houbo "intentos" para organizar un acto conxunto para este 25 de xullo, pero finalmente non puido levar a cabo debido á "limitación temporal" e a que os diferentes partidos xa tiñan "cousas en marcha".

Acto do PSdeG en Rianxo polo 25 de Xullo
Acto do PSdeG en Rianxo polo 25 de Xullo

PODEMOS AÍNDA ESTÁ PECHANDO A SÚA AXENDA

A formación morada aínda non concretou o formato da súa celebración. Fontes do partido, indicaron a GC que en todo caso será unha celebración da matria galega na que se buscará destacar o papel de figuras femininas claves para a construción de Galicia como nacionalidade, como parte do "compromiso de Podemos coa feminización da política e da pluranacionalidade".

ANOVA NO PARQUE DE GALERAS

Con antelación xa avanzara Anova os seus actos, que arrincarán o 24 cunha xornada de debate en Santiago na que Xosé Manuel Beiras, a deputada da CUP no Parlament catalán Anna Gabriel e a parlamentaria no Congreso de EH Bildu Marian Beitialarrangoitia disertarán sobre unidade popular e procesos constituíntes.

En Marea chega a este 25 de xullo coas costuras máis a vista que en ningunha outra ocasión. Malia que por vez primeira a confluencia organiza unha celebración propia polo Día da Patria, os seus socios montarán eventos de seu por separado.

Anova organiza actos tanto o 24 como o 25. Na primeira xornada na facultade de filosofía haberá unha primeira mesa para facer balance das mudanzas nos concellos e “os desafíos que teñen por diante as ferramentas da Unidade Popular”.

Logo será o momento para os invitados, cun debate entre Anna Gabriel da CUP, Marian Beitialarrangoitia de Sortu e o histórico Xosé Manuel Beiras.

O día 25 no Parque de Galeras haberá un acto político e un xantar de confraternización. O evento terá lugar a partir das 13.00 horas no Parque de Galeras. ANOVA salienta que o evento non está pensado “soamente para a nosa militancia”.

ESQUERDA UNIDA EN MUGARDOS

Izquierda Unida en Galicia anunciou unha homenaxe ao alcalde republicano mugardés Juan Prieto Balsa fusilado polos golpistas de 1936. O prinicpal obxectivo é recuperar a memoria dos dirixentes do Partido Comunista de Galicia que colaboraron na organización do referendo sobre a autonomía.

O acto terá lugar en Mugardos a partir das 12 horas, e contará coa participación da alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, e o membro da executiva de Esquerda Unida, Xabier Ron.

MANIFESTACIÓN E ACTOS DO BNG

Pola súa banda, o BNG promove a habitual manifestación do Día da Patria, que percorrerá as rúas da capital galega. Espera que este sexa o 25 de xullo "máis masivo dos últimos anos" e afirma que "suma récord" de delegacións políticas e colectivos sociais que o acompañarán nos actos que organizou, coa presenza doutras forzas nacionalistas e independentistas de España e de Europa.

Á cita acudirán, entre outros, Jordi Salvador, Joan Capdevila, Xavier Eritka e Javier Castelá, por parte de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC); Albert Botran, de Candidatura d'Unitat Popular (CUP); e Pep Cortell, do Bloc Nacionalista Valencià.

Tamén representantes do PNV, EA e EH Bildu, ademais de colectivos sociais como os traballadores de Ferroatlántica, os mariñeiros de Long Hope, de Solidaridade Galega con Pobo Saharauí ou do colectivo estudantil Erguer, entre outros.

Ademais, a formación nacionalista indicou que a programación deste ano do Festigal acolle unha mesa de debate que leva o título de 'O escenario pre e pos-referendo de Catalunya para as nacións sen estado', presentado pola portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda.

Galiza Nova tamén estará presente nos actos. O seu secretario xeral, Alberte Fernández, compartirá escenario con Pontón na Praza da Quintana. Na véspera haberá unha homenaxe a Rosalía e Castelao, en Santo Domingo de Bonaval.

CXG: CONVIDADOS DE PNV E DO PS PORTUGUÉS

Compromiso por Galicia (CxG) tamén elixiu a capital galega para os seus actos centrais con motivo do Día de Galicia, que arrincarán o 25 cunha ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres. O acto político, con invitados do PNV e do PS portugués, terá lugar no Parque Euxenio Granell.

Nel intervirán o presidente de CxG, Xoán Bascuas; a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso; o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña; o secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo; así como o senador do PNV José María Cazalis e Paulo Pisco, deputado na Assambleia de Portugal.

A celebración contará tamén cunha comida de confraternidade e unha sesión de xogos tradicionais.

PSDEG: HOMENAXE EN RIANXO

Os socialistas galegos, un ano máis, renderán homenaxe a Castelao na localidade coruñesa de Rianxo con motivo do Día de Galicia nun acto ao que acudirá a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra.

Lastra desprazarase a Galicia para participar neste acto, que tamén contará coa presenza de cargos orgánicos e institucionais do partido na comunidade, ademais de alcaldes, portavoces e militantes da formación.

Intervirán a responsable do partido en Rianxo, Mari Carmen Figueira; a presidenta da xestora en Galicia, Pilar Cancela; e a vicesecretaria xeral do PSOE.

Rianxo é a localidade natal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos intelectuais galeguistas de referencia, a quen tradicionalmente os socialistas renden homenaxe con motivo do 25 de xullo.

O PP ADIANTOU A SÚA CELEBRACIÓN

O PPdeG, pola súa banda, adiantou a súa celebración cun acto o venres 21 en Vilalba (Lugo), localidade natal do seu presidente fundador, Manuel Fraga, ante cuxo busto realizaron unha ofrenda floral. Na súa intervención, o secretario xeral do partido, Miguel Tellado, reivindicou o galeguismo.

Tamén é habitual que o seu xefe de filas e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen exercerá pola mañá do 25 de delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo que acolle a Catedral de Santiago, participe na tradicional misa de Rosalía no Panteón dous Galegos Ilustres.

Ofrenda floral do PPdeG ante o busto de Fraga
Ofrenda floral do PPdeG ante o busto de Fraga
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

28 nostrus

Balbino, Hermerico, o Freire, Leirachá e outros fegreses do nacionalismo cavernícola xa me contaredes mañá como pasastes o dia. Berrade e laiádevos canto querades, pero non vos metades en lios. Pensade que non sodes nin mais, nin mellores galegos que ninguen, nin menos españoles que ninguen por moito que reneguedes. O voso mal é unha mestura de anorexia, daltonismo e travestismo. Probade a pasar polo quirófano a ver si se vos cura.

1 Leirachá

Pequeno fascista Nostrus, lamento contrariarte, non son nacionalista senón soberanista. A min non me interesa a túa idea de patria. Paréceme limitado, ofensivo, provocador e até repugnante o teu nacionalismo español, e informo que pasarei o día no que ti chamas estranxeiro (que para min é unha parte do territorio natural e cultural no que resido). Acredito na liberdade, sen imposición de fronteiras nin de leis divinas nin humanas que nos separen aos povos. E sigo as mentes abertas que nos ensinaron: "A nossa língua floresce em Portugal" - Castelao; "A minha pátria é a língua portuguesa" - Fernando Pessoa. Enténdote, ben sei que as ovellas precisades valados para non descarreirarvos e pastores que vos guíen. Acontece que non todos somos ovellas.

27 nostrus

La secta nacionática disfruta de su fe sin que nadie le diga nada pero no se conforma y pretende inquisitorialmente que todos comulguemos con sus tonterias identitarias y maniáticas. El nacionalisto galleguero reune todos los requisitos que cumple una secta. Se fanatiza con el gallego y la cultura con la misma devocion que otros se fanatizan con Cristo. Mañana tienen el dia de Galicia para usarlo como su viernes santo particular, pasando la jornada sufriendo y lamentando lo desgraciados que son por ser gallegos. Los demas gallegos no debemos hacerle caso y disfrutar de ser gallegos sin complejos y a jornada completa. A ver si hay suerte y tenemos el dia en paz.

1 Nexus 6.1

La unica NACION que existe es España. Los verdaderos defensores de la patria, los autenticos nacionalistas españoles somos los fascistas. Por ello, tu que eres de los nuestros, tu Nostrus no debes ser tan complaciente con los que reniegan de la verdadera patria construida por mandato divina. O sea, dejemonos de gaitas, como en tiempos del Generalisimo prohibamos manifestaciones, fiestas y mitines el 25 de julio, Dia del Apostol Santiago Patron de España. Pueden ir a misa, catolica y en español. Nostrus, los fascistas no nos cortamos. No es suficiente con animar el debate en GC, las proclamas deben ser de machos valientes y no de cobardes.

26 Hermerico

Nem cadeia humana polos presos, nem manifestaçom da juventude, nem manifestaçom de Causa Galiza, nem o acto de Agora Galiza. Mas sim os paripés do espanholismo e de forças como CxG. Bem Xurxo bem

25 Noa Ramos

Non sabiamos que á Poltronas Pol Pot gustásenlle os cans. Agora sabemos que ten un caniche e que se chama Balbino. Balbino, unha pregunta: dáche ben para comer a xefa?

24 abur

calladito estas mas guapo, paya-so

1 Balbino Fernández

Imposición do silencio e descualificación cando faltan argumentos, moi propio de fascistas.