Tariku Novales, subcampión europeo

O atleta galego de orixe etíope, segundo nos 5.000 metros do Campionato de Europa U20 de atletismo en Grosetto (Italia). O viveirense Adrián Ben, terceiro na proba de 1.500.

Por gcdeportes | Lugo | 22/07/2017 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Unha prata e un bronce para os atletas galegos no Europeo júnior de Grosetto. Tariku Novales proclamouse subcampión europeo na proba dos 5.000 metros, mentres que o viveirense Adrián Ben foi bronce nos 1.500 metros do Campionato de Europa U20 que se celebra en Italia.

Tariku Novales, subcampión europeo júnior en Grosetto.
Tariku Novales, subcampión europeo júnior en Grosetto. | Fonte: @atletismoRFEA

Na proba de 1.500, Adrián Ben, atleta lucense do FC Barcelona, entrou na última volta na parte de atrás do grupo, pero foi remontando polo exterior (coincidindo coa caída do noruegués e gran favorito Jakob Ingebrigtsen) ata chegar á última curva en cabeza, a carón do británico Jake Heyward. Pero na recta final, Adrián acusou o esforzo e non puido seguir o ritmo do atleta británico, primeiro na liña de meta con 3.56.73, sendo ademáis superado no esprinte polo belga Dries de Smet, que foi segundo con 3.56.98. Adrián Ben fixo 3:57.32, lonxe da súa mellor marca, 3:40.72, que acadou o mes pasado en Huelva. Os tres primeiros entraron en meta con apenas 60 centésimas de diferenza.

Nos 5.000 metros, Tariku Novales, atleta de Noia de orixe etíope, foi en todo momento controlando a proba, e incluso tirando en cabeza nalgúns intres do percorrido. Ao paso pola última volta, o noruegués Jakob Ingebrigtsen, menos de tres horas despois da súa caída nos 1.500, cambiou o ritmo e foise a pola vitoria. Tariku cambiou tamén e foise tras el, pero tivo que conformarse co segundo posto, sempre controlando a súa vantaxe sobre o terceiro.

Clasificación 1.500 ml

1.    Jake Heyward (GBR) 3:56.73.
2.    Dries de Smet (BEL) 3:56.98
3.    Adrián Ben (ESP) 3:57.32

Clasificación 5.000 ml
1.    Jakob Ingebrigtsen (NOR) 14.41.67
2.    Tariku Novales (ESP) 14:44.66
3.    Dorin Andrei Rusu (ROM) 14:46.07

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 nostrus

Los separatas debeis tomar ejemplo de este gallego que no tiene ningun complejo por ser español, porque gallegos son todas las personas con nacionalidad española que viven en galicia, independiente de donde hayan nacido o de su color de piel u ojos. Los nacistas, sepa-ratas e inde-pendencieros tal vez no lo admitan como gallego porque para ellos gallego es el que tiene el gallego como lengua propia.

1 PERUCHO

Falaches alguna vez con Tariku? Darias-te conta de que a súa língua propia é o galego

2 Freixo

Este paifoquinho supremacista espanholista, chauvinista como nom podia ser menos, ainda nom distingue entre GALHEGO e GALEGO.