Temas: FEIJóO FRAGA 25X

De como un alto cargo franquista recibe a máxima medalla da Galicia democrática

Sen Romay Beccaría, Feijóo nunca tería accedido ao poder. Sen Feijóo, o bando de Beccaría, o poderoso Opus Dei centralista e urbanita, nunca gañaría a batalla da sucesión de Fraga.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 24/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Unha das fotos claves para resumir a historia de Galicia de comezo do século XXI tómase este luns na Cidade da Cultura. Alberto Nuñez Feijóo entrega a máxima distinción do país ao seu pai político, José Manuel Romay Beccaría. 

Carmen Martín de Pozuelo Romay, directora de Salud en Atos Origin
Carmen Martín de Pozuelo Romay, directora de Salud en Atos Origin

Ao recibir a Medalla Castelao este mediodía no Gaias, Beccaría culiminará 58 anos de servizo na Administración, que non da democracia. A súa carreira empezou no franquismo, cando conseguiu unha oposición de avogado do Consello de Estado en 1959. 

Durante os 60, o poder dentro da ditadura escorou dende o Movimiento fascista en favor dos tecnócratas do Opus Dei.   Un dos que medrou na xerarquía franquista foi o mozo Romay, chegando número 2 do ministerio de Sanidade en 1963.

Quen recibe hoxe a máxima condecoración da comunidade autónoma encadeou durante máis dunha década postos destacados no goberno do Generalísimo Franco, chegando a ser subsecretario tanto da Presidencia como da Gobernación, un equivalente ao Interior de agora. 

Coa democracia, Beccaría, como tantos outros, pasou de ser cargo da burocracia ditatorial a dirixente de Alianza Popular. Cando os conservadores retoman o poder galego tras a primeira vitoria de Manuel Fraga no 90, Beccaría pasa de deputado autonómico a Conselleiro. E alí cando o seu destino se cruzará co de Feijóo.

Romay Beccaría, ex-líder do 'birrete' e padriño político de Feijóo
Romay Beccaría, ex-líder do 'birrete' e padriño político de Feijóo

Ao pouco de asumir o posto de Conselleiro de Sanidade, Beccaría escolle para o cargo de secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade a un funcionario non moi próximo ao PP, pero con amizades nos círculos conservadores, nomeadamente o seu compañeiro de promoción en Dereito, Carlos Negreira, coruñés e da familia política de Beccaría; e tamén ben relacionado con algúns sindicatos.

É nese período cando a Xunta promove novas fundacións sanitarias, o que lle permite a familia política de Romay, o PP opusino da Coruña, estender  unha gran rede clientelar ao redor do negocio sanitario. Entón, con Feijóo de número da Consellería de Sanidade e responsábel da política persoa, é cando se toman as fotos do presidente canda o narcotraficante Marcial Dorado. 

Como compañeira na cúpula da Consellería de Sanidade Feijóo ten a Carmen Martín Pozuelo Romay, sobriña de José Ramon Romay Beccaría e persoa clave para albiscar a estreita relación entre Feijóo e o seu padriño.

Cando o PP de Aznar conquista o goberno de España, Romay volve ao Ministerio de Sanidad, desta volta como ministro. Consciente de que, a tal altura de 1996, a súa familia política leva as de perder na liorta interna do PP galego, Feijóo tamén emigra a Madrid.

Romay nomea a Feijóo  secretario general de Asistencia Sanitaria en el Ministerio de Sanidad y Consumo e pouco despois ascéndeo de novo a presidente do INSALUD.  O esquema do Sergas repítese no Madrid da era Aznar: Romay é ministro, Feijóo secretario xeral de Asistencia Sanitaria e Carmen Martín asesora de Sistemas da Información do ministro.

En 1998 salta a primeira polémica, Sanidade merca 17.512 terminais sen a letra ñ. A oposición pide explicacións no Congreso dos Deputados. O deputado Feliciano Blázquez apunta co dedo á responsabilidade da sobriña de Romay.

Dende o estrado, Feijóo defende con uñas e dentes á sobriña de Romay: “Vostede fala tamén desa asesora executiva do ministro. Mire vostede, mentres o ministro teña confianza na miña persoa e mentres eu teña algunha responsabilidade en informática, esa será a persoa da que sempre me rodearei para estes temas; sempre, antes e despois”. 

Feijóo cumpre a súa palabra. Ao ascender de novo a director xeral de Correos, quen será a sú directora de Tecnoloxía e Sistemas? Carmen Martín, a sobriña de Romay. 

Sen ser do Opus e sen a penas contactos políticos en Galicia, Feijóo medra e medra en Madrid baixo a protección de Romay até converterse na gran promesa do chamado sector do birrete  urbaninta do PPdeG para facerlle fronte ao sector da boina rural na inminente sucesión de Fraga na Xunta. 

Daquela no destino dos protagonistas, e do país, crúzase un barco. A desfeita do Prestige ameaza con levarse por diante ao PPdeG. O outrora poderoso Fraga queda en evidencia ante a opinión pública como o que é, un ancián autoritario e cada vez máis desconectado da irrealidade. Nese contexto, a carreira sucesoria no PPdeG comeza abertamente.

Neste intre clave, Rajoy, tamén do sector urbanita galego como Romay, desembarca no país para facerse cargo da crise do Prestige. Alguén lle filtra á Cadena Ser que empresas da familia líder do sector da boina, o conselleiro de Política Territorial José Cuíña, andan vendendo material para a limpeza do chapapote á propia Xunta. 

Durante a ‘pax fraguiana’, tal acusación non tería sido nada. En condicións normais, que o publicase a Ser non significaría que saira nos periódicos nin moito menos na TVG. En plena crise do Prestige, os do birrete meten presión a Fraga e a súa contorna para que defenestre ao golfiño e acabe así cos enfrontamentos co Estado. O ancián cede e deixa caer a Cuíña.

Non é casualidade que o escollido para revelar a Cuíña na poderosa Consellería de Política Territorial sexa Feijóo. El é a cabeza visíbel dun verdadeiro desembarco de peóns de Romay en Galicia procedentes de Madrid co obxectivo afianzarse co control do PPdeG e da Xunta, por poñer un exemplo, Pilar Farjas.

Fraga, buscando algún equilibrio que lle permita volver gañar as eleccións no partido, ascende a Feijóo a Vicepresidente Primeiro, como representante dos urbanitas e ao conselleiro Xosé Manuel Barreiro a vicepresidente segundo. A xogada salta polos aires cando o PPdeG perde a maioría absoluta por un só deputado.

Morto Fraga politicamente, toca elixir sucesor. Cuíña move ficha e preséntase ao Congreso. En fronte ten a Enrique López Veiga (un outsider que vai por libre con nulos apoios) e, como non, a Feijóo. O dos Peares conta co apoio do PP do sector urbano e opusino de Romay, pero leva das de perder. Se Cuíña logra manter unidos aos da boina, que son máis e aportan máis votos e diñeiro, gañará o Congreso. 

Cando os do birrete logran que algúns da boina de Ourense e de Lugo cambien de bando, daquela é cando Romay asesta a derrota definitiva a Cuíña. Feijóo convértese en líder da oposición e o resto é xa historia contemporánea.

Durante o seu mandato ao fronte da Xunta, Feijóo mantén boa relación coa contorna de Romay. Por exemplo, Farjas chegou a conselleira de Sanidade e Negreira a líder do PP herculino e alcalde. 

Pola súa banda, Carmen Martín de Pozuelo non volveu a ser subordinada de Feijóo, pero a empresa na que é directiva, Atos Origin, multiplicou as súas contratas coa Xunta. A última, a polémica nova plataforma tecnolóxica do 112.

Cun Feijóo no cume do seu poder, o discípulo agradecido rende homenaxe ao vello mestre a piques de retirarse -Romay ten 83 anos -, a quen o guiou nos primeiros chanzos da escaleira ao poder. 

Faino entregándolle unha medalla Castelao, que leva o nome dun dos galeguistas que tivo que escapar ao exilio para fuxir do réxime fascista no que Romay medrou. Ironías da vida ou síntoma de quen segue a mandar neste país?

Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, co seu mentor político, Romay Beccaría, ex-ministro de Sanidade e ex tesoureiro do PP
Pilar Farjas, conselleira de Sanidade, co seu mentor político, Romay Beccaría, ex-ministro de Sanidade e ex tesoureiro do PP
Feijóo entrégalle a Romay a medalla Castelao na Cidade da Cultura
Feijóo entrégalle a Romay a medalla Castelao na Cidade da Cultura
Temas: FEIJóO FRAGA 25X
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Julia Fernández

Muérete cáncer, veleno de Betanzos. Pégate un tiro cabr-n!!!

4 DON TIJUANA

as medallas non eran medallas de Galicia, eran medallas de pepeiros... decía o frijoles que ia ser primeiro galego... pero enganou outra vez o moi cinico-hipocrita e camándula... o que e é primeiro pepeiro... si o menos mao e romamy avemaría ten isas ideas e as leva a practiva... pero frijoles non ten ningún-ha idea e o poder polo poder... minte un-ha e outra vez minte como respira e non ten ningún-ha vergonza, fixo o numero do choromiquiro... que vergonza, e non dixo mais que mentiras do nacionalismo.... e cando di do nacionalismo isto e o outro non e do nacionalismo do que fala sinon DO FACISMO E DO IMPERIALISMO!- pero a rata de frijoles critica o nacionalismo e non di nada do facismo... seica que para decir o que dixo debe estar baixo os efectos dalgunha sustancia narcotizante

3 antifranquista

Isa é a liberdade do GC. Ao seu director dálle vergoña dicir que é fillo dun garda civil. Se me pai fora garda civil suicidaríame.

1 Mvn2

Faite un favor... Preguntalle a tua nai.

2 Paleólogo

O artigo está ben: datos interesantes, narración con bo ritmo, estilo directo e áxil... pero despois ben se ve que foi subido ás carreiras: faltan unha presada de preposicións, aparecen vários castellanismos, e hai erros de dixitación como "revelar" por "relevar", etc. E alá vai o artigo ao tacho, co pouco que custa revisar antes de publicar.

1 Gamela

Así pois hoxe estarán todos na Cidade da Incultura !!! https://youtu.be/bRfwBsB7JL0

1 Gamela

Pero o malo non son os vellos (que irán morrendo) senon os novos aprendices de políticos autoritarios que abundan entre nós disfrazados de demócratas... https://twitter.com/Gamela2017/stat...