O Concello da Estrada volve a contradicirse no caso Faílde

O caso de Carlos Faílde, o director de Protección Civil que dixo ía dimitir tras as revelacións de GC, segue dando que falar. O venres houbo unha nova comisión informativa no Concello da Estrada sobre as adxudicacións a Ricarsat, na que é administrador único dende 2014, e Emersafe, na que é apoderado e cuxo administrador único é a súa muller.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 24/07/2017 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O Concello, gobernado polo PPdeG, continúa a defender a total legalidade das actuacións, malia que o afectado anunciou a súa renuncia da dirección de Protección Civil e da cúpula local conservadora, despois de que este xornal detalle os seus contratos coa Xunta e outras adminitracións. 

Dende a dereita, Faílde, Rueda e o alcalde da Estrada nunha foto dun acto institucional sacada da web da Vicepresidencia
Dende a dereita, Faílde, Rueda e o alcalde da Estrada nunha foto dun acto institucional sacada da web da Vicepresidencia

O edil de Organización, Funcionamiento y Personal de A Estrada, Alberto Blanco Carracedo, dixo que as contratas foron “axustadas á lei”. Asegura que Ricarsat podía contratar co municipio antes de 2014. Cuestionado polas facturas pagadas despois de que  Faílde asumise o control da empresa, o grupo de goberno dixo non saber se son correspondentes a contratos de anos anteriores e en todo caso apuntou que era por pouca cantidade -uns 3.000 euros- e debido a reparacións.

Non é a primeira vez que o Concello ten que rectificar as súas explicacións. Cando saltou o escándalo, o alcalde dixo que non podía cesar a Faílde porque o cargo de coordinador de emerxencias non existía, malia que o propio alcalde asinara un decreto noménadoo nada máis chegar ao poder. 

Por outra banda, informouse que Faílde segue a ser coordinador de Protección Civil, malia que o traballador público dixo hai dúas semanas que ía presentar a súa renuncia. O PP da Estrada tampouco informou polo de agora de que Faílde dimitira como dixo ía facer.

As tres forzas da oposición parece que seguen dispostas a tirar do fío. A máis numerosa, o PSOE lembrou que o “95%” das adxudicacións a Ricarsat e Emersafe foron dadas polos compañeiros de partido de Faílde no PP de xeito directo. Convencidos do “conflito de intereses” existente, os socialistas pediron unha certificación con todos os contratos para que a continuación se diriman responsabilidades disciplinarias a nivel de cadro de persoal e da xestión dos propios contratos. 

Dende Móvete, díxose que "todas as adxudicacións feitas ás empresas relacionadas con Faílde foron realizadas directamente na xunta de goberno local, polo que entendemos que pode haber conflito de intereses. Tanto os membros do goberno como o empresario pertencen ao PP". Esta forza opositora cifrou en máis de 7.000 euros que o Concello da Estrada lle pagou a Ricarsat en 2014, cando o seu administrador único xa era o traballador do propio Concello.

Por último, o BNG centrou o asunto no eido da ética e prometeu seguir a traballando para desvelar o que sucedeu.

Temas: EMERXENCIAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Estradense de toda a vida

O rapaz marchou de aburrido porque gaña máis coa súa empresa que co cargo de Protección Civil na que comezou de voluntario hai 20 anos sen cobrar un peso e seguiu durante anos facendo o traballo por vocación, como é sabido por case toda A Estrada, ata que,como outros, conseguiron un sueldo . É triste que sexa o PSOE que ande a leas cando foron eles os que o lle deron o posto en PCivil . Os catro paletos de PCivil que argallaron a queima están contentos agora porque xa non hai que os faga traballar (que sí, que sabemos quen foron) e os demais pídenlle que volva porque eso é un caos. A Estrada é pequenae todo se sabe, PSOE e Móvete están a facer o ridículo e o BNG sábeo e por iso se mantén á marxe. Ven fai marchando e deixando quedar iso para os 4 que agoran pelexan polo posto pero que nin saben mandar nin teñen capacidade sequera para ler un correo electrónico.