Detido un veciño de Vilagarcía por un incendio provocado nunha vivenda ocupada por indixentes aos que roubou

A Policía Nacional detivo a un veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) con antecedentes policiais tras ser denunciado polo incendio provocado na vivenda que ocupaban uns indixentes aos que tamén subtraeu, mediante violencia, todas as súas pertenzas.

PONTEVEDRA | 24/07/2017 | Actualizada ás 15:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a un veciño de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) con antecedentes policiais tras ser denunciado polo incendio provocado na vivenda que ocupaban uns indixentes aos que tamén subtraeu, mediante violencia, todas as súas pertenzas.

Segundo informa a Comisaría de Vilagarcía, a detención produciuse o pasado 21 de xullo e, ao día seguinte, na mañá do sábado, tras ser posto en liberdade foi interceptado por un vehículo policial que realizaba labores de prevención da seguridade cidadá, cando este individuo distribuía sustancia estupefaciente.

Os axentes efectuáronlle unha requisa na que se lle interviñeron sete bolsitas termoselladas con cocaína, 11 de heroína, un anaco de haxix, 36 pastillas de tranquimazin e dúas pastillas de metadona.

A Policía concretou que ao detido cónstanlle un gran número de antecedentes policiais por feitos similares.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta