Máis de 145.200 peregrinos chegaron a Santiago no que vai de 2017, a maioría por motivos relixiosos

O Camiño Francés é a variante escollida por máis de 88.000 viaxeiros, mentres que un 91% realízao a pé e o 7,8% en bicicleta

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2017 | Actualizada ás 18:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 145.217 peregrinos completaron algunha das variantes do Camiño de Santiago no que vai de ano e chegaron á capital galega, na súa maioría, por motivos relixiosos, segundo afirman. E é que son máis do 90 por cento os camiñantes que realizan a ruta por algunha razón en relación a crenzas relixiosas, mentres que só un 8,7 por cento asegura realizar o camiño por outras razóns.

Peregrinos do Camiño de Santiago (A Coruña)
Peregrinos do Camiño de Santiago (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Este foi o caso de Andrés Tejerina, un vitoriano que chegou na mañá deste luns á capital galega tras dez días de ruta en bicicleta desde Roncesvalles. En declaracións a Europa Press, este peregrino explicou que a razón que o trouxo a Santiago foi a relixión.

"Tiña moitas ganas de facer o camiño, é a primeira vez que o fago e o motivo que me levou a vir é relixioso, aínda que tiña moitas ganas de facelo igualmente", indicou.

Este turista vasco inclúese así no 7,8 por cento de peregrinos que no que vai de ano decidiron percorrer o camiño en bicicleta. Segundo apuntan os datos facilitados pola oficina de acollida ao peregrino, este é o segundo medio máis utilizado polos que deciden vir a Santiago facendo o camiño.

Realizar a ruta a pé é a variante máis popular. Máis do 91 por cento de peregrinos que chegaron a Santiago no que vai de ano seguiron este método.

É o caso de Sabrina, unha moza belga que tamén este luns chegou á praza compostelá do Obradoiro, tras 30 días de ruta polo Camiño Francés, con saída desde Irún (País Vasco). "Esta experiencia foi moi enriquecedora. Decidín realizar o camiño como experiencia persoal, para pasar tempo comigo mesma, e foi xenial", relatou a Europa Press.

De acordo ás estatísticas, un total de 88.091 peregrinos escolleron neste 2017 a variante do Camiño Francés. Isto supón o 60,6 por cento dos 145.217.

En segundo lugar atópase o Camiño Portugués, cun total de 29.074 peregrinos; seguido da variante do norte, que representa o 5,18 por cento, con 7.520 peregrinos, e o Camiño Primitivo, con 6.283.

UN CAMIÑO DURO

Pola súa banda, Isabel Arrocha, unha andaluza que paseaba este luns pola capital galega, realizou a ruta desde Sarria en cinco días. Do mesmo xeito que a maioría, chegou a Compostela "por devoción" e viu nesta viaxe a oportunidade de "meditar".

Así mesmo, insistiu no "complicado" do camiño e, aínda que lle "encantou", recoñeceu que foi "moi duro". Non entanto, destacou o feito de "coñecer moita xente" como un dos factores positivos desta ruta.

E tamén por motivos relixiosos, en concreto "por agradecemento" a unha petición, chegou este luns ao Obradoiro Rosa de la Torre, unha cordobesa que realizou o camiño por segunda vez.

"Vin hai uns anos e foi unha experiencia incrible. Agora volvo en agradecemento, tras pedirlle a Deus polas miñas netas", explicou entre bágoas esta camiñante, que hai unha semana saíu desde o Bierzo (León) en dirección a Santiago.

E acompañado por Rosa, por primeira vez camiñou ata Compostela Giovanni Alseco, un frade venezolano que viu no Camiño de Santiago unha "experiencia moi espiritual" e un "encontro persoal con Deus", a quen lle pide "polo seu país".

MÁIS DATOS

Segundo os datos facilitados pola Oficina do Peregrino a Europa Press, no que vai de ano máis de 58.700 peregrinos proceden de distintas autonomías españolas. Madrid é a máis destacada, con 11.832 viaxeiros; seguida por Andalucía, con 10.505; Valencia, con 60.814 e Cataluña, con 6.118.

En número de peregrinos que conseguen a Compostela, a España séguelle Alemaña, con 12.964 peregrinos; Italia, con 10.600, e Estados Unidos, con 9.626.

En canto ao sexo, os homes peregrinos representan, no que vai de ano, un 50,89 por cento; mentres que as mulleres supoñen o 49,11 por cento.

"UNHA EXPERIENCIA MOI BOA"

E dentro deste case cincuenta por cento de mulleres peregrinas atópanse Gabriela Arias e Raquel Martínez, nai e filla, que desde León emprenderon o seu camiño hai 14 días. "Foron unhas vacacións bonitas, realizámolo con fins turísticos e a verdade é que foi xenial, unha experiencia moi boa", explicou Arias.

No medio da multitude que este luns, véspera do Día de Galicia, abarrotaba o Obradoiro, chegaron un grupo de mozos de entre 14 e 18 anos, que forman parte dun campamento.

Procedían de diferentes lugares de España como Córdoba, Madrid, Toledo, Burgos e País Vasco, e, aínda que moitos xa se coñecían, a experiencia do camiño serviulles para "coñecer a xente nova".

Realizaron o camiño desde Sarria e, segundo explicaron, para algúns supuxo "sentimentos atopados". Pero todos fixeron unha "valoración positiva" da experiencia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta