Unha moza en estado crítico tras ser acoitalada pola súa parella en Santiago

A vítima, de 21 anos, ten entre 15 e 20 feridas por arma branca en cara, peito, brazos, abdome e perna.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2017 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

Unha moza de 21 anos foi acoitelada na tarde deste luns no aparcadoiro de San Clemente, situado nas inmediacións do parque da Alameda de Santiago. O presunto autor do ataque foi detido a uns 60 metros do lugar dos feitos cando fuxía en coche pola rúa do Pombal, segundo confirmaron fontes policiais.

Unha muller colle o micro nunha protesta contra a Violencia de Xénero en Vigo
Unha muller colle o micro nunha protesta contra a Violencia de Xénero en Vigo

As forzas da orde barallan a posibilidade de que se trate dun caso de violencia de xénero, aínda que este extremo aínda non foi confirmado.

A moza, de nacionalidade romanesa, atópase ingresada no CHUS na unidade de críticos con entre 15 e 20 feridas por arma branca en cara, peito, brazos, abdome e perna. A vítima atopábase estancionando o seu coche no aparcadoiro de San Clemente cando foi sorprendida polo asaltante, que a atacou cun coitelo.

A central de emerxencias recibiu unha chamada a media tarde deste luns na que unha muller alertaba de que a súa cuñada estaba ferida tras ser atacada pola súa parella.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rodicio

Cando un home agrede a unha muller, cando quere matala oy ferila non pode haber ningunha dúbida: trátase de violecia machista e debería abrir as portadas dos medios. Querémonos vivas!!!