O sinnerman das Primarias

Son veces, que como di a canción da grande Nina Simone, que o pecador corre e corre sen atopar a redención nin tan sequera o acubillo. Existe un pecado mortal no mundo da política, por desgraza non é a corrupción se non o PP xa estaría condenado, é a perda da identidade e dos valores ideolóxicos partidarios, a perda da alma do nexo común entre as persoas e a acción política.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 25/07/2017

Comparte esta noticia
Esa é hoxe a enfermidade do Partido Socialista Español. A reforma laboral de Zapatero e a modificación do artigo 135 do documento dogmático chamado Constitución fixeron que para o subconsciente colectivo desaparecese a “O” de obreiro ó PSOE. 
 
Foi unha renuncia total á súa razón de ser como organización de loita pola igualdade de clases. Non atoparán pedra, río ou mar que axude nese pecado como lle pasaba o Sinnerman da Simone.
 
Dixo Antonio Machado: “Non basta mover para renovar” non se pode facer unha nova casa movendo as pedras de sitio, como dí algún dos candidatos galegos “nos conocemos todos en el Partido”, segue a ser a mesma casa con outra fachada, pero nada é novo, e vai ter os mesmos problemas. 
 
Tamén dixo Machado: “Non basta renovar para mellorar” é certo renovar non sempre é sinal de ir a mellor, sobre todo cando os que entran na renovación son os que manexaban os fíos da renuncia definitiva a ser socialdemócratas para ser liberais encubertos.
 
Certo que queda o músculo do que foi, queda unha parte romántica que ten apego a un proxecto que pensan  que ten 130 anos, cando en realidade a parte que viña dos 130 anos ficou finiquitada en Suresnes para ser outra cousa, para participar da tiranía de partidos que saíu da Transición. Cando non se é consecuente coa ideoloxía ou peor cando se toman decisións so en clave de partido pasa como o recente circo do CETA entran dúbidas do que beneficia ó Partido sen pensar na xente.
 
Dan igual ás primarias, o galeguismo no PSOE de Galicia non existe, só existe pleitesia a Ferraz o único percorrido que teñen e ser vasalos de Madrid. Pero na nosa Terra a acción política ten percorrido sen necesidade de permisos.
 
Tampouco vale o camiño do populismo procomunista de laboratorio de xente ben, de xente “pija” que nunca tipo que devolver unha letra ó banco, iso tampouco é realidade. Iso tampouco é construción por moito ceo que pretendan alcanzar e mellor estar cos pés na Terra.
 
Imos vendo como esmorece unha casa que foi internacional, un Pazo señorial se se quere. En Europa está xa pasando, máis o camiño do liberalismo tampouco é bo. Ten que facerse unha socialdemocracia moderna dos indicadores de calidade de vida, a xente ten que vivir con dignidade e con capacidade. Unha acción política coa xente, sen libros e dogmas, seguindo o sentir do pobo, facendo camiño con sentidiño como fai o PS de Portugal e o PNV, miremos máis cara Portugal dende Galicia e menos cara Francia, aprendamos da capacidade dos vascos. Fornecendo unha  acción política con raíces fortes como o Teixo sen pecado e sen mentira.
 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Últimas de Juan Carlos Piñeiro
Juan Carlos Piñeiro Secretario xeral de Compromiso por Galicia (CxG)