Cada quen ao seu no día grande de Galicia

Nacionalistas e independentistas piden "soberanía" e "independencia" en manifestacións diferentes. En Marea e Anova convocan cadanseu acto a menos de 500 metros, e Podemos cambia o Día da Patria polo "Día da Matria Galega". O PSdeG vese xa como o futuro inquilino da Xunta, mentres que o PPdeG fala máis de España que de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/07/2017 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O 25 de Xullo non ten nada que ver con aquela festa que en 1919 deseñaron as Irmandades da Fala como un día no que defender e reclamar os dereitos do país. “Trátase dun recordo da Patria natural que, desde antigo, como agora e sempre, ha de ser a única patria verdadeira do home”, recollía entón o semanario A Nosa Terra, o órgano de expresión deste grupo de galeguistas como os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Risco ou Cabanillas. Era unha época na que as ideas liberais, tradicionais, progresistas, galeguistas e nacionalistas ían da mesma man.

E 88 anos despois, a "Patria galega" que soñaron as Irmandades non é máis que un conxunto de pequenos reinos de taifas. Nacionalistas e independentistas van por libre, o grupo que une federalistas, anticapitalistas e nacionalistas decidiu esnaquizar a súa proposta en actos diversos, mentres que o PSdeG vai ao seu en Rianxo e o PPdeG insiste en falar da unidade de España no Día de Galicia.

Como ven sendo tradicional, a manifestación do BNG foi a máis numerosa. Baixo os berros de 'Quen queira, quen non, Galicia é unha nación', Ana Pontón subliñou que o BNG ten as portas abertas para "os que senten Galicia, os que confían na súa capacidade e na súa potencialidade" e realizou un chamamento á "unidade dos galegos fronte a un centralismo cada vez máis caduco". Unha petición de unidade da que se excluíu a en Marea por "pensar máis nos votos que en Galicia".

Con todo, esa unidade do nacionalismo e independentismo semella moi lonxe de acadarse. Mentres os galeguistas de Compromiso por Galicia xuntaron a cargos do PNV e do PS portugués no Parque Euxenio Granell, os independentistas de Causa Galiza e de Agora Galiza tamén decidían ir por libre.

Así, baixo o lema “REBELIOM POPULAR. Independência e Pátria Socialista”, ata seis organizacións diferentes dos estados español e portugués falaron de independencia e revolución na Praza 8 de marzo da capital galega nun acto organizado por Agora Galiza, os sucesores de Nós-UP. Posteriormente tivo lugar un xantar de confraternización no parque de Sam Domingos de Bonaval no que se reclamou a fin do capitalismo, o machismo e a explotación laboral, ademais de pedir a independencia.

Tamén a independencia foi o que pediu Causa Galiza noutra manifestación que saíu da Alameda compostelana media hora despois da do Bloque nunha marcha na que insistíu en reclamar a "luita política e social nos limites do atual quadro jurídico-político para avançar face a rutura com o Estado espanhol e a construçom dum processo independentista próprio", tanto a nivel galego, coma a nivel municipal.

Os grupos de En Marea

Máis complicado resultou o encaixe de bolillos dos grupos de En Marea que decidiron ir cada quen ao seu. Anova e En Marea, como grupo, celebraron actos diferentes a menos de 500 metros; uns no parque de Vista Alegre e os outros en Galeras. E, tan preto estaban que non era difícil ver aos dirixentes políticos e militantes indo dun lado para o outro para facer acto de presencia en ambos os dous actos. E así fixeron Antón Sánchez ou Fernán-Vello. O primeiro mesmo foi saúdar a Villares para tentar rebaixar a tensión dos últimos días.

Tanto Anova como En Marea incidiron nas potencialidades da "nación" galega. Así, Villares aproveitou o acto para reivindicar "unha nación alegre e combativa", ademais de facer un chamamento a construír "unha alternativa de esperanza" para os cidadáns. "Agora é o momento, cando non hai eleccións", apelou.

Pola súa banda, Antón Sánchez, reafirmou o compromiso da formación coa unidade popular e chamou a abrir un "novo ciclo de rebeldía" e "deixar de pensar nas miserias orgánicas". Tamén apelou a coordinarse para "dar a batalla" e preparar a "primavera municipalista" de 2019. Todo iso, co obxectivo último de acabar cun réxime "podrecido" no que transcenden "día a día" os casos de corrupción.

Podemos e EU

Podemos Galicia e EU decidiron nin estar na capital galega este 25 de Xullo. Podemos difundiu un manifesto no que cualificou como o "Día da Matria Galega" para "recuperar a memoria daquelas mulleres invisibilizadas na historia que tamén contribuíron á construción de Galicia como nación histórica".

Pola súa banda, Izquierda Unida en Galicia realizou unha homenaxe ao alcalde republicano mugardés Juan Prieto Balsa fusilado polos golpistas de 1936. O principal obxectivo foi recuperar a memoria dos dirixentes do Partido Comunista de Galicia que colaboraron na organización do referendo sobre a autonomía.

O PSdeG, na Xunta, e Feijóo, falando da unidade de España

O PSdeG aproveitou esta xornada para darse a valer. Nun acto no que o protagonismo estivo nos tres posibles candidatos á Secretaría Xeral do partido en Galicia,a presidenta da xestor, Pilar Cancela, lembrou os debuxos de Castelao para ilustrar a defensa dunha sociedade "xusta e igualitaria" e destacou que o seu partido xa está listo para ocupar San Caetano.

No seu discurso, cargou contra a dereita "que inventa amnistías fiscais ilegais e anticonstitucionais", e apostou por atacar os "graves problemas" do actual sistema tributario.Como "alternativa" ao PP, apuntou á "honestidade, exemplaridade, transparencia" e loita contra a corrupción do PSdeG, que ve no idioma galego o "primeiro e máis importante elemento vertebrador" da identidade de Galicia.

E, mentres, o presidente da Xunta preferiu aludir á unidade de España durante a tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago. Feijóo pediulle ao Apóstolo Santiago a "vontade e decisión" necesarias para "non claudicar ante quenes predican a desunión ou se abandonan ao pesimismo", á vez que incidiu en que "a razón debe estar apoiada pola lei" e pola democracia.

Beiras e Antón Sánchez no acto de Anova do Día de Galicia
Beiras e Antón Sánchez no acto de Anova do Día de Galicia

Antón Sánchez y Luís Villares en el acto de En Marea
Antón Sánchez y Luís Villares en el acto de En Marea
Manifestación Do BNG Do 25 De Julio De 2017
Manifestación Do BNG Do 25 De Julio De 2017
Ofrenda ao Apóstolo Santiago Núñez Feijóo
Ofrenda ao Apóstolo Santiago Núñez Feijóo
Adriana Lastra en Rianxo
Adriana Lastra en Rianxo
Bandeiras galegas
Bandeiras galegas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

12 Gamela

Quixera dicir que nin siquera van ao seu aire... ogallá foran quen de asumir tanta irresponsabilidade política ao "celebrar" o Día do Minifundio de Galicia deste xeito noxento os que se chaman a sí mesmos de "esquerda" !!! Pero como tampouco teñen moito sentido o humor o que recollín foi dous bloqueos máis na conta de twitter: aos dous da MdV sumáronse a vicepresidenta-comunista e a muller-fantasma que suponse dirixe PodemosGalicia (?) // De seguir así antes que remate a lexislatura vou colleitar unha verdadeira présa de honores democráticos desta tropa de CUENTISTAS! https://twitter.com/Gamela2017/stat... Alucinando coa Nova Política !!!

11 Filarmónica de Conxo

CxG non existe. É o que diga Cuiña...e este xa a montou indo por libre, a manifestación do BNG...e presumindo en twitter, hahahaha

10 Julia Fernández

Tanto informar y partidos como CxG ni a esta hora y día 26 entrado han puesto nada de la celebración en su página web. Estas pandillas de amigos llamadas partido político...ya deberían dimitir o desaparecer.

9 Buleblue

Los gallegos normales pasamos un día estupendo de Santiago Apostol, patrono de España y Galicia, en la playa o en el campo. Lo anormal fue lo de 2 ó 3.000 liberados sindicales, políticos profesionales, rovolucionarios de salón y pagafantas varios, que en su mayoría fueron a estropear la Plaza de la Quintana y espantar a mucho turista decente con sus malos humos y olores.

1 Pírate

Los antoniorecios qué ibáis a hacer. Anda borderline que como seas tú "lo normal" es que las cosas son aún peores de lo que partecen

2 teutonio

Es aquí donde se dan carnets de gallego normal?

3 nostrus

teutonio. Os galegos que non somos naciotas tamen somos galegos e queremos a Galicia e non nos fai falta renegar de nada.

4 EX MAREADO AGORA BNG

Ao españolismo xfódelle unx xcollón e parte do outro que a súa estratexia de dinamitar o BNG fracasara. Pódese ver nestes días, tanto nos xuntaletras oficiais do PP como nos non tan oficiais pero tamén a soldo da CASTA, como, na prensa oficial, ou oficialista ou nas Redes Sociais rezuman ira e odio contra o nacionalismo consecuente que representa o BNG, tanto as asas de manteiga con cerebro de sipaios, os pseudoesquerdistas de café e restaurante e os imitadores dos tertulianos e tertulianas máis fachas e casposos da TDT Party. Dinamiteros fracasados: vouvos dar un consello, que non cartos, e vouno dar no voso idioma, para que me entendades mellor. AJO y AGUA, a xjoderse y aguantarse.

5 Galegus

Toma finura bloqueira, elevados argumentos e inteligente estrategia con grandes dosis de ética política. La verdad es que el BNG, a pesar de su fanatismo, no puede ser más útil a Feijóo, quien no hace nada, para que vamos a negarlo. Pero como no tiene oposición, o mejor, con una oposición a puñetazos entre sí, gobernara hasta que se canse y venga otro del PP,... que seguirá gobernando.

8 expaña e merda

-vieiras & carmucha dos santos = Isabel e Fernando.... TANTO MONTA ... MONTA TANTO!!!! ----- non a expaña... non os expañolentos!!!!! caichedes ben baixo... metiches o pepeiro no poder... caichedes ben baixo, sodes do PPiorciño... pero ainda queda mais caída ... ides ir xa polo sumidoiro da historia... hoxe os propios mareados dixeronlle o -vieiras que se marchase!!!!