O metal convoca unha gran marcha na Coruña este xoves, sétima xornada dunha folga que ameaza con ser indefinida

O sector do metal coruñés convocou unha gran manifestación na Coruña este xoves, coincidindo coa que será a sétima xornada de folga polo bloqueo da negociación dun novo convenio colectivo e coa ameaza sobre a mesa de que o paro se converta en indefinido a partir de setembro, de non haber avances.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2017 | Actualizada ás 19:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O sector do metal coruñés convocou unha gran manifestación na Coruña este xoves, coincidindo coa que será a sétima xornada de folga polo bloqueo da negociación dun novo convenio colectivo e coa ameaza sobre a mesa de que o paro se converta en indefinido a partir de setembro, de non haber avances.

A marcha está previsto que arranque ás 12,30 horas de Santa Cristina (Perillo) e levará as reivindicacións dos traballadores, centradas en melloras sociais, ata a Praza Luís Seoane.

A ela acudirán profesionais da comarca de Ferrolterra, onde, o pasado xoves, a asemblea na que participaron uns 400 traballadores concluíu co anunciou de que este xoves irán "todos" ata A Coruña para celebrar esta gran mobilización.

Os sindicatos CC.OO., UXT e CIG esixen medidas para combater a "precariedade" como límites ás empresas de traballo temporal (ETT) e ás mutuas, así como a subrogación do emprego. O convenio desta provincia leva sen actualizarse desde 2014.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta