A misa homenaxe a Rosalía de Castro reúne en Bonaval a autoridades e representantes da cultura galega

A Igrexa de San Domingos de Bonaval acolleu un ano máis, con motivo do Día de Galicia, a misa en homenaxe a Rosalía de Castro. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e outros membros do Goberno autonómico, xunto a numerosos representantes da cultura galega.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2017 | Actualizada ás 19:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Igrexa de San Domingos de Bonaval acolleu un ano máis, con motivo do Día de Galicia, a misa en homenaxe a Rosalía de Castro. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e outros membros do Goberno autonómico, xunto a numerosos representantes da cultura galega.

A cerimonia, oficiada por Benito Méndez Fernández, contou coa participación do Coro Cantabile. O altar estivo presidido durante toda a misa por decenas de coroas de flores que logo foron depositadas como ofrendas no Panteón de Galegos Ilustres.

Membros da Asociación do Traxe Galego acompañaron a diferentes responsables de organizacións e institucións políticas no momento de depositar a ofrenda floral no Panteón, en homenaxe a Rosalía.

Estiveron presentes, entre unha vintena de organismos, a Real Academia Galega; as Universidades de Santiago e Vigo; as deputacións de Pontevedra e Ourense e os grupos municipais popular e socialista, entre outros. O xefe do Executivo galego foi o encargado de pechar a entrega de coroas, en nome da Xunta.

O acto conmemorativo finalizou cunha foto de familia que deu paso ao himno galego, interpretación que motivou o aplauso dos asistentes. Á saída da igrexa esperaban os gaiteiros 'Vos de Algures', que amenizaron a saída do santuario por parte do público.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta