Temas: VENEZUELA

A Policía ten que intervir para protexer un acto chavista en Santiago

A concentración da Asociación Galego-Bolivariana 'Hugo Chávez' tiña todos os permisos, pero aínda así os antichavistas interromperon o acto, facendo necesaria a intervención dos axentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2017 | Actualizada ás 09:42

Comparte esta noticia

Decenas de persoas concentráronse en Santiago este martes en defensa da asemblea nacional constituínte convocada por Nicolás Maduro en Venezuela, nun acto que se viu interrompido ao seu inicio por detractores do 'chavismo' que lles increparon ao berro de "asasinos" e "ditadores".

Asociación Galego-Bolivariana 'Hugo Chávez'
Asociación Galego-Bolivariana 'Hugo Chávez' | Fonte: Europa Press

A concentración estaba promovida pola Asociación Galego-Bolivariana 'Hugo Chávez' e desenvolveuse na compostelá Praza do Toural. Debido á presenza de persoas contrarias á súa celebración, foi necesaria a intervención da Policía Nacional, que aplacou os ánimos tras uns momentos de tensión.

Así, en plena lectura do manifesto reivindicativo dunha asemblea nacional constituínte, que supostamente busca resolver os conflitos que afronta o país latinoamericano, contrarios a esta iniciativa irromperon ao berro de "asasinos" e "ditadores".

Unha situación que foi liquidada polos axentes, que, á súa chegada á Praza do Toural, estableceron un cordón policial para o correcto transcurso de "unha concentración programada", tal e como se referiu a ela un dos policías, dirixíndose cara a un dos detractores do 'chavismo'.

Así pois, nesta concentración, integrantes da Asociación Galego-Bolivariana 'Hugo Chávez', en palabras do seu presidente, Alfonso Martínez, defenderon o "apoio lexítimo" á República de Venezuela e o respaldo á devandita convocatoria por ser "a expresión máis democrática" para "pór fin á situación de violencia e morte que o fascismo venezolano quere impor na Republica".

Esta asociación visibilizou a súa "solidariedade" co "pobo de Venezuela" e denunciou a violencia que, ao seu xuízo, a "extrema dereita quere impor no país".

En declaracións a Europa Press, e a respecto dos insultos recibidos esta xornada, Martínez tachounos de "provocadores" e criticou que foron "a tomar posturas de enfrontamento".

Finalmente, os participantes no acto concluíron a concentración ao berro de "30 de xullo, día da vitoria do poder popular" e "Chavez vive, a loita segue".

Temas: VENEZUELA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 sanquera

Se fose o reves e os chavistas foran a impedir unha manifestación a policia os identificaría e multa ó canto

4 M Ledo

Hai que ser un auténtico psicopata sen escrúpulos para apoiar a Maduro e o chavismo, e máis aínda sen ser venezolano e non ter idea de nada. Moi ben o tipo revolucionario anticapitalista do iPhone na foto XD

1 O Freire

E para apoiar a Leopoldo Lopez, que hai que ser? Gringo, explotador, fascista, criminal? Que idea de democracia ofrece Leopoldo Lopez? Pobres venezolanos polos fumes que aturan e moio pior polo que lles agarda se esta oposicion acada o poder!

3 LKI

Non son "antichavistas", son fascistas.

1 Galego

Opinas o mesmo dos que se dedican a tirar botellas contra os manifestantes de Galicia Bilingüe?

2 papauxa

Eran botellas de "metílico" que esqueceran na Quintana. O único que fixeron foi volverllas para que as encheran, prezado troll bífido.

3 Antiporcos

Papauxa, a próxima vez que a policía che de unhas h. imos dicir que non chores, xa que che estaban devolvendo o que habías birlado en misa.

2 Miguel Anxo F.

Que suerte tienen los chavistas en España. Aquí la policía se dedica a proteger a los que se manifiestan. En, cambio, en Venezuela la policía chavista se dedica a asesinar a todo opositor que se encuentra por la calle, incluidos "peligrosos" críos y adolescentes. De paso, la gente se muere de hambre en un país potencialmente riquísimo gracias a la gestión de un tarugo como Maduro.

1 Mercedes Santiago

Xa que estás "aquí" procura aprender un pouco do que se coce "aquí". Eu de ti marchaba para "alí" e votaba nas eleccións polo títere que elixen os ianquis, que son os que vos manexan e os que vos untan para que deades un golpe de estado a un presidente elexido nas urnas, gústeche ou non.

2 Miguel Anxo F.

Adolf Hitler también fue elegido por las urnas, lo que no justificó para nadie la Noche de los Cristales Rotos, que es lo que hacen todos los días los esbirros de Maduro, ese títere de Raúl Castro. Por cierto, de golpes de estado, el primero lo dio Hugo Chávez en 1992 con el resultado de más de 30 muertos

1 Ainda menos mal

Menos mal que os opositores non queimaron xente viva que é o que fan en Venezuela

1 anonimo

Como non teñas outros argumentos máis socorridos que eses, mal te vexo, "ana-listillo"..Repasa a historia. Hitler foi nomeado a dedo pola Banca para ser o chanceler. Dende aí, liña recta. Queima do Reichstag, nun atentado de falsa bandeira para acusar aos comunistas e xa ten o camiño doado. Ilegalización de partidos, sindicatos, etc..ata que só quedaban os que votaban por el. Aínda así non conseguiu a maioría absoluta coa que permitirse a lei inhabilitante; si a conseguiu logo pola mínima, grazas a uns escasos cen socialdemócratas que non foran arrestados. Nada que ver coas eleccións venezolanas, que ata observadores ianquis din que son impolutas. Un tipo como Carter dixo que eran as eleccións máis limpas do mundo.

2 Mercedes Santiago

Sinto ter mandado o anterior como "anónimo". Non era a miña intención. Disculpas