Extinguido o incendio forestal de Riós (Ourense) tras queimar unhas 24,4 hectáreas

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Fumaces, no concello ourensán de Riós, quedou extinguido o martes tras queimar unhas 24,4 hectáreas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2017 | Actualizada ás 09:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Fumaces, no concello ourensán de Riós, quedou extinguido o martes tras queimar unhas 24,4 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume comezou ás 16,15 horas da tarde do luns, quedou estabilizado ao redor das 21,00 horas da noite e foi controlado na mañá do martes, tras o que quedou extinguido.

Segundo as últimas estimacións apuntadas polo departamento de Medio Rural da Xunta, este lume calcinou unha superficie de de 24,41 hectáreas.

Na extinción das lapas traballaron un técnico, sete axentes, 22 brigadas, 12 motobombas, unha pa, oito helicópteros e tres avións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta