Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido por apuñalar á súa exparella en Santiago

O Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago de Compostela decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido o luns por apuñalar á súa exparella na capital galega.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2017 | Actualizada ás 13:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago de Compostela decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido o luns por apuñalar á súa exparella na capital galega.

Así o confirmaron fontes xudiciais despois de que o detido pasase na mañá deste mércores a disposición xudicial nos xulgados de Fontiñas.

Agresor e vítima, de 21 anos de idade, foran parella durante dous anos e deixaran a relación facía dous meses, segundo explicou ás autoridades unha cuñada da nova atacada que a acompañaba no momento dos feitos.

A investigación pola brutal agresión ocorrida a plena luz do día nas proximidades do aparcadoiro de San Clemente, na capital galega, asumiuna a Policía Nacional.

HOSPITALIZADA

Pola súa banda, a moza apuñalada na tarde do luns na capital galega está ingresada na Unidade de Críticos do Hospital Clínico de Santiago estable dentro da gravidade.

Tras ser intervida das numerosas feridas que recibiu a plena luz do día en cara, peito, brazos, abdome e perna, presenta prognóstico reservado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta