Feijóo cre que "os que pretendían axuizar" a Mariano Rajoy "estarán un pouco decepcionados"

Afirma que a declaración demostra que en España "o Estado de dereito funciona e todos os cidadáns son iguais ante a lei"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2017 | Actualizada ás 13:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, manifestou este mércores en Ourense que "os que pretendían axuizar" ao titular do Goberno central, Mariano Rajoy, con motivo da súa declaración como testemuña no 'caso Gürtel' "estarán un pouco decepcionados" e insistiu que o xefe do Executivo "está a contar o que sabe" como faría calquera testemuña.

Así o manifestado Feijóo, a preguntas dos medios, tras inaugurar as instalacións da nova EDAR da cidade, nun acto que contou coa presenza da ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina; o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, entre outras autoridades.

O presidente galego defendeu que Mariano Rajoy "acudiu tranquilamente a declarar como testemuña" nun sumario e que o fixo "cumprindo coas súas obrigacións coa Constitución e as leis" tal e como "faría calquera cidadán cando un xuíz lle pide que declare".

Neste sentido, Núñez Feijóo lembrou que a declaración de Mariano Rajoy demostra que en España "o Estado de dereito funciona e todos os cidadáns son iguais ante a lei".

TRANQUILIDADE E SATISFACCIÓN

"Todos os que estamos co presidente Rajoy estamos tranquilos e satisfeitos coa súa actuación e coas súas declaracións", manifestou o presidente da Xunta. Fronte a este apoio do partido, dixo "ter a impresión" de que "os que pretendían axuizar a unha testemuña estarán un pouco decepcionados".

Preguntado sobre as declaracións do presidente do Goberno nas que explicou ao xuíz que as súas responsabilidades no partido eran "políticas" e que non estaba ao tanto das contas da formación, nin sequera cando dirixiu campañas electorais, Núñez Feijóo defendeu que Rajoy "contou o que sabe".

"Contar o que sabe é o que ten que facer unha testemuña. Dar testemuño do que coñece, do que sabe e do que pode dicirlle a un tribunal e iso é o que fixo", concluíu o presidente autonómico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta